InicioSociedadeXulgan a unha muller que se apropiou de 37.500 euros dun cliente...

Xulgan a unha muller que se apropiou de 37.500 euros dun cliente que contrataba os seus servizos sexuais

A acusada aproveitouse dunha relación de confianza para realizar 16 transferencias desde a conta bancaria da vítima.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller sentará no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo a próxima semana (20 e 21 de novembro) acusada de apropiarse sen permiso da banca electrónica dun home que contrataba “de maneira habitual” os seus “servizos sexuais”, da que obtivo un total de 37.500 euros.

Tal e como recolle o escrito do Ministerio fiscal, a muller mantiña unha relación “de amizade íntima” coa vítima, xa que desde principios do ano 2020 el contrataba de maneira habitual os servizos sexuais da acusada, que exercía a prostitución.

“Aproveitándose desta relación de confianza”, a acusada fíxose coas claves da banca da vítima e realizou un total de 16 transferencias por valor de 37.500 euros a contas bancarias que previamente obtivera de terceiras persoas, e que, unha vez recibidas esas cantidades, entregábanllas de novo á acusada.

O home faleceu en febreiro do ano 2021 cando se atopaba xunto á acusada e sería en decembro dese mesmo ano cando foi detida e o xulgado de Monforte de Lemos acordou a medida de prisión provisional comunicada eludible baixo fianza de 5.000 euros, acordándose a súa posta en liberdade ao pór a fianza fixada.

Para a Fiscalía, os feitos narrados son constitutivos dun delito continuado de estafa informática e pide que se indemnice en concepto de responsabilidade civil aos herdeiros lexítimos da vítima polas cantidades defraudades na cantidade de 25.500 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...