InicioSociedadeUn docente do campus de Lugo da USC recoñece que estafou 9.500...

Un docente do campus de Lugo da USC recoñece que estafou 9.500 euros á universidade

A falta de antecedentes e o reintegrar o diñeiro evitarán o seu ingreso en prisión.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un profesor da USC aceptou este luns unha pena dun ano e once meses de cárcere, aínda que non irá a prisión, tras recoñecer estafar á Universidade pasando ao cobro facturas por servizos que non se realizaron un total de 9.500 euros, que xa devolveu. O autor dos feitos tiña o cargo de doutor no Departamento de Enxeñaría Forestal no campus de Lugo e era funcionario público. Na súa condición de investigador, era tamén o responsable de autorizar o gasto do diñeiro que procedía dun convenio coa empresa irlandesa Irish Distillers Limited e que debía destinarse exclusivamente á certificación e acreditación da sustentabilidade de bosques de carballos en Galicia.

Así, o profesor recoñeceu ordenar o pago de ata seis facturas á empresa Pedreda Avol SL, creada en 2017 e da que era administrador único. Especificou o fiscal que simulara a contratación de servizos de asesoramento técnico para a xestión do proxecto universitario durante ese ano e o seguinte. Pola súa banda, estaba tamén acusado de adquirir bens e servizos de uso persoal con cargo a esa partida orzamentaria e recoñeceu falsear unha factura persoal e allea ao proxecto cambiándolle o concepto e conseguindo así que a USC lle reintegrase 1.245 euros máis. En total, foi acusado de quedarse indebidamente con 9.500 euros, cantidade de diñeiro que xa reintegrou á Universidade, o que serviu de atenuante á hora de recibir a súa pena e que evitará o seu ingreso en prisión. Tamén foi inhabilitado para emprego público durante dous anos e un día.

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga unha lucense por defraudar 17.800 euros en axudas da PAC

A Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Lugo, de...

José Tomé avisa tras deixar a Presidencia da Deputación: “Non pararei ata descubrir que hai detrás de todo”

José Tomé oficializou este martes a súa renuncia á presidencia da Deputación de Lugo...

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...

Lugo anuncia a nova licitación do bus urbano e a creación dun Consorcio do Centro Histórico

O Concello de Lugo celebrou este luns o pleno sobre o estado da cidade,...