InicioSucesosA xuízo este martes un home e unha muller por violar e...

A xuízo este martes un home e unha muller por violar e prostituír unha menor

O xuízo celebrarase a porta pechada, a solicitude da Fiscalía, para a "adecuada protección dos dereitos fundamentais da vítima, en particular o seu dereito á intimidade, e para evitarlle prexuízos relevantes"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá este martes o xuízo contra un home e unha muller que se enfrontan a 14 e 28 anos de prisión, respectivamente, por supostamente violar de maneira continuada e prostituír a unha menor de idade entre os anos 2016 e 2017.

Segundo o escrito de acusación de Fiscalía, o home está procesado por un delito continuado de agresión sexual en concurso con outro de obter relacións sexuais cunha menor a cambio de remuneración, polo que se solicita para el unha pena de 14 anos e unha indemnización de 70.000 euros para a vítima.

Mentres tanto, a muller está considerada unha “cooperadora necesaria” de delitos continuados de agresión sexual e outro de prostitución infantil. O Ministerio Público pide para ela 28 anos –14 por cada delito que se lle imputa– máis unha indemnización de 120.000 euros.

Ademais, solicita para ambos os medidas como a prohibición de comunicarse coa vítima e de achegarse a menos de 300 metros dela ou dun lugar que frecuente durante dez anos, unha vez saian de prisión.

O xuízo celebrarase a porta pechada, a solicitude da Fiscalía, para a “adecuada protección dos dereitos fundamentais da vítima, en particular o seu dereito á intimidade, e para evitarlle prexuízos relevantes” durante o proceso.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...