InicioAncaresCervantesInvestigan un veciño de Cervantes por vender sen autorización madeira dun monte...

Investigan un veciño de Cervantes por vender sen autorización madeira dun monte comunal

O lote de madeira foi vendido a outra empresa ás costas do lexítimo comprador, como explicou a Garda Civil este venres nun comunicado

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño do municipio lugués de Cervantes figura como investigado pola Garda Civil por un delito de apropiación indebida por vender sen autorización a madeira dun monte comunal.

Os feitos tiveron lugar en 2023, cando o investigado, en calidade de presidente dunha comunidade de montes, autorizou unha venda a un maderista, que realizou dous abonos por un importe total de 17.700 euros.

Con todo, este lote de madeira foi vendido a outra empresa ás costas do lexítimo comprador, como explicou a Garda Civil este venres nun comunicado.

As dilixencias policiais e a persoa investigada foron postas a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Pol recorda a figura de Fernando Ónega cunha misa á que asistiron 400 persoas

O municipio lucense de Pol, onde naceu Fernando Ónega, celebrou esta tarde unha misa...

O PSOE de Lugo denuncia que o 60% dos desbroces no rural están pendentes de realizar

O Grupo Municipal Socialista denunciou este sábado que Lugo inicia a segunda semana de...

Fernando Ónega xa é Fillo Adoptivo de Lugo que lle rende unha homenaxe institucional

O Círculo das Artes de Lugo albergou este venres o acto institucional de nomeamento...

Denuncian desfeitas no xardín da Fonte dos Ranchos causadas polo xabaril en Lugo

A Plataforma Veciñal Barrio da Residencia denunciou o estragamento da herba no xardín da...