InicioSucesosMorre un traballador en Baleira ao sufrir unha caída desde unha estada

Morre un traballador en Baleira ao sufrir unha caída desde unha estada

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home faleceu no mediodía deste venres no municipio lugués de Baleira ao sufrir unha caída desde unha estada mentres traballaba nunha casa.

O accidente produciuse ao redor das 13,20 horas no lugar de Abrairas, que pertence á parroquia da Braña, segundo trasladou o CIAE 112 Galicia. O traballador precipitouse ao chan desde unha altura duns dous metros cando se atopaba sobre unha estada realizando tarefas nunha vivenda.

O home faleceu no acto a consecuencia do impacto. Ata a zona mobilizáronse efectivos de Urxencias Sanitarias 061, Garda Civil e Protección Civil de Baleira.

ÚLTIMAS

Tres detidos tras desmantelar dous puntos de venda de droga en Lugo

A Policía Nacional detivo a semana pasada a tres persoas tras desmantelar dous puntos...

Ferido o condutor dun tractor tras caer por un desnivel nunha zona forestal de Becerreá

Un home resultou ferido este mércores tras unha caída desde un tractor, que acabou...

Ferido un motorista tras chocar contra un coche en Lugo

Un motorista resultou ferido na tarde deste pasado mércores tras chocar contra un coche...

Investigados catro homes por roubar 250 metros de cable telefónico en Quiroga

A Garda Civil de Lugo investiga a catro veciños de Ponteareas como presuntos autores...