InicioSociedadeLugo celebra o "éxito" do San Froilán 2024, "a gran festa do...

Lugo celebra o “éxito” do San Froilán 2024, “a gran festa do outono galego”

Ferreiro subliñou que se logrou que Lugo "siga tendo o orgullo das súas festas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A edil de Cultura do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, valorou positivamente as festas do San Froilán unha vez finalizadas as 200 actividades que formaron parte do programa. “As prazas e rúas cheas evidencian o éxito das festas e o resultado foi moi positivo”, remarcou.

Segundo trasladou a Tenencia de Alcaldía, Ferreiro destacou que a asistencia de público ás distintas actividades foi “máis que satisfactoria” e reivindicou a importancia non só dos concertos, senón tamén de “a animación de rúa e as actividades nos barrios” que, na súa opinión, “axudaron a conseguir o obxectivo de que todas as persoas que viven en Lugo” ou visitan a cidade “sentisen que as festas eran súas”.

Nesta liña, a concelleira mostrou o seu agradecemento a todas as persoas, empresas e colectivos que participaron na organización das festas, especialmente aos diferentes departamentos e persoal do concello durante estes días “para que as festas fosen un éxito”.

Así, Ferreiro subliñou que se logrou que Lugo “siga tendo o orgullo das súas festas” e o San Froilán foi, “de novo, a gran festa do outono galego”. Por outra banda, a responsable de Cultura presentou a programación teatral que terá lugar no Auditorio Municipal. En total haberá 14 propostas para distintos públicos, con actuacións de grupos de teatro “de recoñecida calidade”.

ÚLTIMAS

Un matrimonio de avanzada idade falece nun choque entre un camión e un turismo en Antas do Ulla

Dúas persoas, un matrimonio de avanzada idade, faleceron este martes nun accidente de tráfico...

Os gandeiros manteñen a tractorada en Lugo e o BNG denuncia a “competencia desleal” de Mercosur

Os gandeiros de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema, concentrados na cidade de Lugo...

Terremoto político no PSOE de Lugo: María Reigosa dáse de baixa como militante, pero o alcalde di que segue no grupo

A concelleira do Concello de Lugo María Reigosa pediu a baixa como militante do...

‘360 curvas’: o documental que conta a loita do pobo da Fonsagrada contra o illamento

A loita dun pobo galego contra o seu illamento e o éxodo rural son...