InicioEconomíaA Deputación de Lugo reforza a formación de rederas con 39.000 euros...

A Deputación de Lugo reforza a formación de rederas con 39.000 euros para garantir a substitución xeracional

Supón unha "alta porcentaxe" de empregabilidade feminina, xa que o 85 % das persoas inscritas no réxime especial do mar son mulleres.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou un novo convenio de colaboración coa presidenta da Unión de Traballadores Autónomos do Transporte, o Mar e as Comunicacións de Galicia, María Dolores Somoza, que ascende a preto de 39.000 euros para dar un novo impulso á formación de redeiras.

A institución provincial renova, por cuarto ano consecutivo, este acordo que mantén coa entidade co obxectivo de garantir e substitución xeracional e fomentar o autoemprego feminino, mediante unha acción formativa especializada na creación de empresas vinculadas a esta profesión.

José Tomé subliñou a importancia desta colaboración que contribúa ao desenvolvemento desta actividade fundamental no sector pesqueiro, xa que supón unha “alta porcentaxe” de empregabilidade feminina, xa que o 85 % das persoas inscritas no réxime especial do mar son mulleres. Polo que, recalcou que é un “novo paso” no compromiso da institución provincial coa formación a apoio ás mulleres que queren desenvolver a súa carreira no sector pesqueiro.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...