InicioSociedadeChegan un centenar de migrantes a Monterroso, aos que se sumarán outros...

Chegan un centenar de migrantes a Monterroso, aos que se sumarán outros 20

Tras chegar a Canarias e ser trasladados á península, os migrantes iniciarán un proceso de inserción con talleres e asesoramento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un centenar de migrantes chegaron este xoves ao municipio de Monterroso onde permanecen nun hotel. A eles, sumaranse no transcurso desta xornada outra vintena de persoas. Segundo informaron a Europa Press desde a Delegación do Goberno en Galicia, trátase de homes, adultos, a maioría de Mali, que chegaron ás costas españolas fuxindo da guerra.

Tras chegar primeiro a Canarias, foron trasladados á península para agora trasladar a este grupo a Monterroso, onde estarán nun hotel, no centro do municipio, durante un período que pode ir dos dous ao catro meses. Trátase de adultos que veñen con distinto nivel en canto ao coñecemento do español e cos que se traballa para facer un itinerario para a súa inserción.

Xa en Canarias fíxose unha primeira avaliación e agora en Galicia empezarán con talleres e asesoramento, todo encamiñado á súa adaptación e incorporación no ámbito laboral. “A maioría están a esperar a que se tramite a súa documentación, sobre todo o permiso de traballo”, precisaron as fontes consultadas que engadiron que, normalmente, optan por ir a grandes cidades “onde teñen unha rede de familiares ou amigos”.

Todo o traballo, engadiron, será de forma progresiva e no marco do programa humanitario do Goberno de España. “O mesmo que outras veces”, apuntaron en relación á acollida con anterioridade de sirios ou logo de ucraínos.

Desde a Delegación do Goberno recalcaron que os custos de aloxamento e manutención asúmeos na súa totalidade o Estado, sen que a Xunta ou os concellos teñan que facer “esforzo ningún”.

Con todo, insistiron en que hai comunicación “previa” e rexeitaron que falte planificación despois de que o alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, denunciase “total improvisación” e falta de “comunicación oficial”, aínda que admitiu que se a houbo coa ONG que se encarga de axudar a este colectivo. “Hai unha comunidade fluída e permanente coa Xunta e alcaldes”, insistiron desde o organismo central asegurando que tamén foi o caso con Monterroso.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo aproba o seu novo organigrama cun aforro do 40% no gasto político

O Concello de Lugo acolleu este venres a sesión plenaria na que se aprobou...

Varios sindicatos alertan que os xulgados de lugo están “ao bordo do colapso” pola “nefasta xestión” da Xunta

Os sindicatos CSIF, SPJ-USO, STAJ, UGT e CCOO celebraron unha asemblea con traballadores dos...

Cazados polas cámaras vertendo uralita canceríxena nunha parcela municipal de Castro de Rei

A Garda Civil investiga os ocupantes dun camión que descargaron material con amianto ata en dúas ocasións no polígono de Castro Ribeiras de Lea.

Proposta do PP para rehabilitar vivendas de peóns camineros de Vilalba para aluguer social

Os representantes do PP lucense no Senado José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e...