InicioSociedadeO xulgado denega o teletraballo a unha funcionaria da Xunta polo tipo...

O xulgado denega o teletraballo a unha funcionaria da Xunta polo tipo de funcións que desempeña

A Xunta argumenta a súa decisión no feito de que o posto de traballo da solicitante non é susceptible de desempeño mediante teletraballo, porque "desenvolve parte das súas funcións fóra das dependencias administrativas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou o recurso presentado por unha funcionaria de carreira da Xunta contra unha resolución da administración autonómica que lle denegaba a posibilidade de acollerse ao réxime de teletraballo (10 días ao mes ou, subsidiariamente, 5 días), confirmando esta resolución, debido ao tipo de funcións que desempeña a traballadora.

Na súa sentenza, a xuíza lembra que “a prestación de servizos en réxime de teletraballo nin se pode impor ao empregado público nin este impolo á administración polo mero feito de solicitalo, o cal non quere dicir que esta poida denegalo de forma arbitraria ou discriminatoria nin concedelo en contra das necesidades do servizo”.

Con todo, neste caso, expón que a Xunta argumenta a súa decisión no feito de que o posto de traballo da solicitante non é susceptible de desempeño mediante teletraballo, porque “desenvolve parte das súas funcións fóra das dependencias administrativas” e, ademais, é a única inspectora de vivenda tramitadora que hai en Lugo.

Por iso, a xuíza entende que a resolución da administración galega foi motivada e adoptouse “baixo o paraugas da potestade de autoorganización da administración, resultando que o superior xerárquico-xefe de sección, co visto e prace do xefe provincial, entendeu que non procede, de acordo co tipo de traballo que desempeña”.

A maxistrada recalca que a organización propia da administración “debe ser respectada”, por canto que “non se observa arbitraria nin se achegou dato algún do que inferir algún ánimo espurio ou de calquera outro tipo á hora de adoptar a decisión”. Así as cousas, engade, “o control xudicial non pode penetrar na organización propia de cada servizo”.

Por outra banda, a xuíza apunta que non quedou probado un trato discriminatorio cara á funcionaria,aínda que se autorizou o teletraballo para outros postos, e advertiu de que debe facerse “unha análise individualizada de cada situación”, e o xefe de sección debe valorar a procedencia da medida. A sentenza non é firme e contra ela pódese presentar recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...