InicioA UlloaPalas de ReiMedio Rural autoriza o cambio de uso en varias parcelas en Palas...

Medio Rural autoriza o cambio de uso en varias parcelas en Palas para unha explotación cárnica

Estas leiras obxecto de cambio localízanse no lugar de Carreira, na parroquia de San Miguel de Maceda, a uns 4 quilómetros aproximadamente da capital do municipio, en dirección norte

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural autorizou o cambio de actividade de forestal a agrícola de varias parcelas na parroquia de Maceda, no Concello de Palas de Rei, para unha explotación cárnica.

As parcelas están ocupadas por carballos, castiñeiros e bidueiros, que deberán ser tallados, ademais de realizarse rozas. O promotor demanda este proxecto pola necesidade de dispor de terras de prado e arables que lle permitan diminuír custos de alimentación dunha granxa de vacún de carne que ten en propiedade.

Estas leiras obxecto de cambio localízanse no lugar de Carreira, na parroquia de San Miguel de Maceda, a uns 4 quilómetros aproximadamente da capital do municipio, en dirección norte. Están a unha altitude duns 460 metros.

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado de forma favorable o pasado mes de abril.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...