InicioSociedadeO becerro ao espeto será o gran protagonista da XXVII Feira de...

O becerro ao espeto será o gran protagonista da XXVII Feira de Produtos do Campo e Artesanía de Lugo

A feira urbana, "unha das máis importantes de Galicia" segundo a alcaldesa da cidade, celebrarase entre os días 24 e 26 de maio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, o presidente da Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais dá Milagrosa, Jesús Vázquez, e o deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participaron este luns en Lugo no acto de presentación da XXVIII edición da ‘Feira de Produtos do Campo e Artesanía’ da cidade, que terá lugar entre os días 24 e 26 de maio no barrio da Milagrosa e que contará este ano como principal novidade cunha degustación de becerro ao espeto.

“Esta feira pon en valor a importancia do rural, dos produtos autóctonos e das creacións artesás”, destacou, durante a cerimonia de presentación do evento, a alcaldesa da cidade, Paula Alvarellos, que cualificou a cita como “unha das feiras urbanas máis importantes de Galicia” e como unha aposta por “visibilizar os produtos do sector primario” da provincia.

A feira, que congregará durante tres días a máis dunha trintena de produtores e artesáns nas inmediacións da praza da Milagrosa, arrincará o venres 24 de maio coa actuación do grupo de música tradicional “Cantigas e Frores’ e finalizará o domingo 26 cunha degustación de produtos da provincia e a entrega de premios ás ‘casetas’ máis visitadas. O acto central terá lugar, con todo, o sábado 25 coa degustación, a partir das 19,30 horas, de “unhas 2.500 racións” de becerro ao espeto por parte dos asistentes.

Desde a súa primeira edición, en 1998, esta feira foise consolidando como un referente na posta en valor dos produtos do noso rural, pero tamén se converteu nun importante activo turístico da cidade e nun modelo de apoio para un sector capital para a provincia”, destacou, durante a súa intervención no salón de plenos do Concello de Lugo, o deputado provincial, Miguel Fernández.

O presidente da Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais dá Milagrosa, Jesús Vázquez, que tomou a palabra no acto de lanzamento da cita como representante da entidade que organiza o evento, cualificou a feira como un axente de “dinamización do comercio e a hostalaría” no barrio e como un escaparate para “promocionar os produtos de Lugo”. Vázquez, que agradeceu durante a súa intervención a “axuda” prestada pola Deputación Provincial e a “gran colaboración” brindada polo Concello de Lugo para a organización da feira, criticou as “condicións e os requisitos” contemplados “para as grandes cidades” na Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas da Xunta de Galicia, á que afeou tamén a súa “falta de financiamento” para levar a cabo o evento.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

O FIV de Vilalba pecha a XIX Edición con 7.000 asistentes e un millón de euros en recadación

O FIV de Vilalba pechou a súa décimo novena edición cun balance moi positivo,...