InicioSociedadeObradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os 'Días Europeos da...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

As actividades celebraranse no CENTRAD do 4 ao 7 de abril en horario de mañá e tarde e inclúen demostracións participativas con cinco artesáns da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á celebración dos Días Europeos da Artesanía do 4 ao 7 de abril con actividades. O programa, que terá lugar en horario de mañá e tarde no Centro de Artesanía e Deseño, inclúe obradoiros e demostracións de coiro, cerámica e teares elaborados por cinco artesáns.

A deputada de Cultura Iria Castro destacou a importancia deste encontro que nace “co obxectivo de achegar ao público os segredos do traballo de artesás e artesáns e difundir a súa enorme riqueza e singularidade”. Animou tamén á veciñanza a incribirse nestas xornadas que “pretenden dar a coñecer a riqueza e singularidade da artesanía lucense”.

“O CENTRAD participa nestas xornadas abrindo o centro a todos aqueles veciños e veciñas que queiran ver en directo o traballo que realizan, que ferramentas e materiais utilizan. Tamén poderán experimentar as sensacións de tocar o barro e facer unha peciña, ou traballar o coiro así como sentar diante dun tear para a confección dunha pequena mostra”, explicou.

OBRADOIROS E ARTESÁNS PARTICIPANTES

O programa inclúe os obradoiros de coiro que estarán dirixidos polos artesáns: Ana Novo Barreiro (Tres caracoles) e Victor Manuel Montero Fernández (LeCOOP); os de cerámica serán da man de: Mª Josefa Sánchez Castedo (Cinza de Papel) e Inmaculada Díaz Cabado (La bellota mágica); e o taller de teares será a cargo de: Lourdes Otero Mato (Fusaiola).

Este novo formato permite que os artesáns dean a coñecer o seu traballo grazas ao espazo cedido pola Vicepresidencia durante estas xornadas. As persoas interesadas poden achegarse á Capela de Santa María durante estas xornadas de 10.30 a 14 horas e de 17 a 20 horas.

ÚLTIMAS

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Ratifican sete meses de cárcere para unha nai de Lugo que impediu visitas ao seu fillo por parte dos avós

O Tribunal Supremo confirmou a condena a unha muller de Lugo por un delito...

Finalizan as obras para mellorar o sistema de saneamento do Cebreiro

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición...

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...