InicioSociedadeRestablecida a circulación na A-6 desde Noceda a Portela de Valcarce, pero...

Restablecida a circulación na A-6 desde Noceda a Portela de Valcarce, pero con precaución por mór da neve

Na A-8 o vento provoca condicións difíciles para a circulación entre os quilómetros 536 en Veiga de San Tomé ao 552 en Someiro, en ambos os sentidos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O temporal que afecta Galicia esta fin de semana deixou unha ducia de incidencias nas estradas galegas, fundamentalmente pola presenza de xeo ou neve, aínda que a sarabia tamén provocou problemas como os dous accidentes rexistrados na mañá deste sábado en Pontevedra e Gondomar.

Na provincia de Lugo, a neve cortou a circulación na A-6 desde o municipio lucense de Noceda ata Portela de Valcarce, en León, que xa foi restablecida. Segundo informou a Dirección Xeral de Tráfico (DGT), a circulación aínda está condicionada desde o quilómetro 438 en Noceda ata o 418 en Portela de Valcarce, en ambos os sentidos. Tamén, na mesma autovía, a DGT advertiu de que, desde o quilómetro 438 en Noceda ata o 475 en Veiga de Anzois, en ambos os sentidos, débese extremar a precaución.

Pola súa banda, na A-8 o vento provoca condicións difíciles para a circulación entre os quilómetros 536 en Veiga de San Tomé ao 552 en Someiro, en ambos os sentidos. En canto ás estradas secundarias, na LU-633 hai alerta por circulación irregular en Pedrafita-Alto Hospital, desde o quilómetro 0 en Pedrafita do Cebreiro ao quilómetro 20 en Queixadoiro. En Pedrafita a Garda Civil tivo que auxiliar a varios condutores e garantir a seguridade do tráfico.

A DEPUTACIÓN DE LUGO DESPREGA 90 OPERARIOS E 28 QUITANEVES

A Deputación de Lugo mantén activo este sábado un dispositivo composto por 90 operarios e 28 quitaneves despregados por un centenar de estradas de 22 concellos de toda a provincia para velar pola seguridade as vías de comunicación ante o temporal de neve e xeo que azouta a comunidade galega.

O operativo está en funcioanamiento desde as 07.30 horas deste sábado, no que a cota de neve está en 400 metros e estanse dando xa espesores de ata 25 centímetros de neve acumulada en puntos da montaña de Lugo como o municipio de Cervantes, segundo sinala o goberno provincial nun comunicado. Así, traballadores e maquinaria actúan en 100 estradas das comarcas da Montaña, Terra Chá e A Mariña, onde a circulación é complicada pola neve, o xeo e a baixa visibilidade.

As estradas afectadas discorren polos concellos de Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Cervantes, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribas de Sil, Samos, Triacastela, Muras, Vilalba, Ourol, Taboada, A Pontenova, O Saviñao, Chantada e Baralla. Ademais dos 90 operarios e os 28 quitaneves, tamén están despregados polo territorio lugués tres tractores especiais con saleiro e cuña quitaneves, oito ‘pickup’ e doce todoterreos de apoio para facilitar o paso da maquinaria pesada.

ÚLTIMAS

Tarxerta verde da UNESCO para o Xeoparque Montañas do Courel

O Xeoparque Montañas do Courel que comprende os concellos de Ribas de Sil, Quiroga e...

O goberno de Lugo celebra o aval xudicial á demolición do Garañón

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, celebrou este mércores que as tres sentenzas que...

Lugo aproba inicialmente o novo plan de emerxencias municipal

O Executivo local aprobou inicialmente o novo plan de emerxencias municipal, un documento aberto...

Un operario resulta ferido tras ser atropelado por un camión nun tramo de obras da A-6 en Baralla

Un traballador do servizo de mantemento de estradas resultou ferido ao ser atropelado por...