InicioA UlloaPalas de ReiAdega denuncia que a captación de auga para Altri provocará "problemas de...

Adega denuncia que a captación de auga para Altri provocará “problemas de abastecemento”

Adega alerta sobre fallos de cálculo na solicitude da compañía portuguesa, que pon "un 1%-2%" pero en realidade, segundo a asociación, pide unha captación dun 9,2% do encoro de Portodemouros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) censura a solicitude de captación de augas no río Ulla presentada por Altri ante a Xunta para a factoría de fibras téxtiles que promove en Palas de Rei, porque podería xerar “problemas de abastecemento”.

Nun comunicado, Adega critica que a petición rexistrada en Augas de Galicia sexa para captar 46.000 metros cúbicos ao día, unha demanda que “condicionará os demais usos da auga” na conca “nun contexto de cambio climático que a empresa esqueceu considerar”.

Segundo esta asociación, Altri non dá “información sobre a magnitude, frecuencia ou estacionalidade” do caudal do Ulla, así como tampouco de canta auga consumirá “nos diferentes procesos da fábrica”, xa que “só achega aproximacións”.

De feito, Adega alerta sobre fallos de cálculo na solicitude da compañía portuguesa, que pon “un 1%-2%” pero en realidade, segundo a asociación, pide unha captación dun 9,2% do encoro de Portodemouros.

Este feito, unido a que a concesión “non se solicita no muro do encoro senón case no cabo de leste” e nunha zona “que adoita ter moitos problemas de descenso da cota” durante o verán, provocará “problemas de abastecemento” en determinadas épocas do ano.

Por outra banda, Adega acusa a Altri de “omitir” no proxecto de captación que as tubaxes van a “seccionar” a zona de especial protección (ZEC) Serra do Careón, á vez que advirte que “sepultaría” poboacións rexistradas de plantas en perigo de extinción.

Precisamente, o pasado fin de semana, a Plataforma Ulloa Viva fixo un chamamento á cidadanía a presentar alegacións a Augas de Galicia para que denegue a Altri a concesión para a captación de augas do encoro de Portodemouros.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...