InicioSociedadeDesestimada a demanda da irmá dunha muller asasinada por mal funcionamento da...

Desestimada a demanda da irmá dunha muller asasinada por mal funcionamento da Casa da Muller de Lugo

O Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 de Lugo desestimou a demanda presentada pola irmá da muller que o 11 de febreiro de 2016 foi asasinada polo seu esposo no seu domicilio de Becerreá contra o Concello de Lugo, como titular da Casa da Muller, como presunto responsable dos danos económicos e morais causados polo asasinado, "propiciado ou facilitado por funcionamento anormal do servizo público".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 de Lugo desestimou a demanda presentada pola irmá da muller que o 11 de febreiro de 2016 foi asasinada polo seu esposo no seu domicilio de Becerreá contra o Concello de Lugo, como titular da Casa da Muller, como presunto responsable dos danos económicos e morais causados polo asasinado, “propiciado ou facilitado por funcionamento anormal do servizo público”.

O maxistrado indica na sentenza, contra a que cabe presentar recurso, que non quedou acreditado que a traballadora social que atendeu á vítima “recomendáselle divorciarse ‘aos poucos’, nin acudir esa tarde á que foi casa familiar en Becerreá”. O xuíz sinala que “para a traballadora social, e así se recoñece na demanda, a separación de feito xa se produciu e o asunto a resolver era o económico”, polo que “o órgano pertinente para resolvelo era servizos sociais do Concello de Becerreá, ao que foi remitida”.

“Non quedou acreditado que se crebou protocolo algún ao non presentar denuncia de oficio pola asistente social”, destaca o titular do Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 de Lugo, á vez que indica que tampouco quedou acreditada “ningunha das afirmacións sobre falta de persoal” na Casa da Muller, pois afirma que “a declaración testifical do director prestada o día da vista nega a falta de persoal, a baixa de traballadores ou que as baixas de longa duración non sexan cubertas”.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...

Case 400.000 euros para a mellora de estradas en Palas de Rei e A Pastoriza

A Deputación de Lugo aprobou este venres un investimento de 373.028,38 euros para a...