InicioSociedadeSuspendido o xuízo contra dous caseiros acusados de ameazar cunha machada e...

Suspendido o xuízo contra dous caseiros acusados de ameazar cunha machada e unha barra de ferro a unha inquilina: “Vouche abrir en canle coma un cocho”

Os imputados, de 80 e 98 anos, comezaron entón a golpear a porta de entrada ao domicilio "cunha barra de ferro e unha machada" proferindo á inquilina unhas ameazas que figuran recollidas no escrito fiscal nos seguintes termos: "Vouche abrir en canle coma un cocho".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xuízo oral que debía acoller este luns o Xulgado do Penal número 2 de Lugo contra unha parella de caseiros acusados de ameazar presuntamente cunha machada e unha barra de ferro a unha inquilina que lles debía varias mensualidades foi suspendido por mor da folga de letrados da quenda de oficio.

Na vista, que deberá ser reprogramada, dirimirase a responsabilidade penal dos dous imputados, para quen a Fiscalía solicita unha pena de 20 meses de multa cunha cota diaria de seis euros (é dicir, uns 3.600 euros para cada un) por un presunto delito de coaccións. Os feitos tiveron lugar, de acordo ao recolleito no escrito de acusación, a tarde do 15 de setembro de 2020, cando os propietarios dun piso situado na capital lucense se personaron no inmoble no que vivía de aluguer unha muller (que lles debía varias mensualidades) para esixirlle que abandonase a vivenda.

Os imputados, de 80 e 98 anos, comezaron entón a golpear a porta de entrada ao domicilio “cunha barra de ferro e unha machada” proferindo á inquilina unhas ameazas que figuran recollidas no escrito fiscal nos seguintes termos: “Vouche abrir en canle coma un cocho”. Os feitos, que o Ministerio Fiscal considera constitutivos dun delito de coaccións e polos que solicita tamén a apertura dunha peza separada de responsabilidade civil, serán xulgados proximamente na sala de vistas do Xulgado do Penal número 2 de Lugo.

ÚLTIMAS

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...

Catro detidos na desarticulación dunha rede de venda de drogas na provincia de Lugo

A Garda Civil desarticulou unha organización dedicada á distribución de estupefacientes na provincia de...

Unha muller morta e cinco persoas afectadas tras un incendio nunha vivenda en Pas de Reis

Unha muller de 51 anos perdeu a vida e outra cinco persoas resultaron afectadas,...