InicioSociedadeAs urxencias do HULA "saturadas" ante os casos de gripe: "Hai pacientes...

As urxencias do HULA “saturadas” ante os casos de gripe: “Hai pacientes que agardan 24 horas nos corredores”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG, a través da súa deputada Carme Aira, denunciou este xoves “a situación de saturación” que viven as urxencias do HULA, onde “hai pacientes que están a esperar 24 horas nos corredores de Urxencias”. “É esencial blindar a sanidade, rescatar o sistema público de saúde de Galicia despois de 14 anos de recortes do Partido Popular”, dixo a deputada, que vinculou “a sobresaturación dos servizos de urxencias coa situación precaria da atención primaria e da rede de Puntos de Atención Continuada”.

“Moita xente non ten acceso a unha atención médica no seu centro de saúde do seu concello, precisamente pola habitual falta de persoal, o que fai que as persoas teñan que asistir ás urxencias hospitalarias para ser atendidas”, dixo. Tamén a CIG Saúde denunciou a situación en Urxencias do HULA, asegurando que a pasada quenda de noite quedaron nove enfermos pendentes de ingreso e sete pendentes de pasar a observación. “Non se entende que, estando supostamente no pico de gripe, o hospital siga mirando para outro lado, e permita o colapso que está a sufrir este servizo desde hai meses”, criticou.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...