InicioSociedadeO Parque de Bombeiros de Vilalba non prestará servizo ata o luns...

O Parque de Bombeiros de Vilalba non prestará servizo ata o luns por falta de efectivos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Parque de Bombeiros de Vilalba non prestará servizo ata este luns ás 9,00 horas por falta de efectivos, ao non presentarse todos os fixados como servizos mínimos por mor da folga que leva adiante este colectivo.

Segundo informou o Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo, dos tres efectivos que tiñan que presentarse este domingo a traballar no Parque de Bombeiros de Vilalba para cubrir os servizos mínimos, só acudiron dous.

O Consorcio “tentou facer mobilidade de traballadores desde outros parques, pero non foi posible porque cobren os servizos mínimos” e “avisados mediante comunicación certificada os reténs designados no cuadrante, tampouco se presentaron”.

Ante esta situación, o Consorcio decidiu recolocar aos dous efectivos de Vilalba en Barreiros,desde onde se atenderán as posibles incidencias, e o Parque de Vilalba non prestará servizo ata mañá ás 9,00 horas. Curiosamente, este sábado foi o de Barreiros o que non estivo operativo por falta de persoal e os dous efectivos incorporaronse ao de Vilalba.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e...

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que...