InicioSociedadeA Deputación de Lugo acusa os bombeiros de incumprir servizos mínimos en...

A Deputación de Lugo acusa os bombeiros de incumprir servizos mínimos en Vilalba e ameaza con accións xudiciais

O parque de Vilalba conta cun persoal de 20 efectivos dos cales a metade colleron a baixa e outros catro da bolsa de suplentes xa renunciaron. Esta "grave situación", denuncia a Deputación de Lugo, demostra que hai unha "estratexia orquestrada" por parte dos bombeiros "para non cumprir coas súas obrigacións".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Deputación de Lugo acusa os bombeiros do parque de Vilalba de incumprir os servizos mínimos marcados para a folga dos consorcios provinciais contra incendios, iniciada xa en xuño. Así, ameaza con recorrer á vía xudicial en caso de “producirse algunha consecuencia” por esta falta de medios.

Segundo un comunicado da Deputación, dos catro efectivos que figuraban no cuadrante deste xoves en Vilalba “só se incorporaron dous”. Así, outros tres traballadores foron avisados para cubrir estes ocos “e ningún deles presentouse”. O goberno provincial, dirixido polo socialista José Tomé, cre que os bombeiros teñen un “comportamento irresponsable que obriga a deixar sen servizo” estas instalacións desde as 13.00 do xoves ata o venres ás 9.00 da mañá. Así, o consorcio provincial informou ao 112 Galicia de que calquera eventual incidencia será atendida desde os parques de Viveiro ou Barreiros.

O parque de Vilalba conta cun persoal de 20 efectivos dos cales a metade colleron a baixa e outros catro da bolsa de suplentes xa renunciaron. Esta “grave situación”, denuncia a Deputación, demostra que hai unha “estratexia orquestrada” por parte dos bombeiros “para non cumprir coas súas obrigacións”. Ademais, a institución provincial considera que, con esta actitude, os traballadores “poñen en risco a seguridade da cidadanía”, polo que, “de producirse algunha consecuencia, terán que afrontala mesmo pola vía xudicial”, advirte.

+ posts

ÚLTIMAS

Detido en Lugo un home por acosar e tentar bicar a unha muller na estación de autobuses tras varios altercados

A Policía Local de Lugo detivo a un home acusado de tratar de agredir...

Activado o protocolo sanitario nunha escola infantil de Lugo ante dous posibles casos de sarna

A Concellaría de Educación do Concello de Lugo activou o protocolo...

A Deputación garante o transporte escolar en Cervantes na LU-P-1402 despois dos danos causados pola choiva

A Deputación de Lugo garantirá a circulación do transporte escolar ao seu paso pola...

O PP de Lugo denuncia o mal estado do pavimento no Casco Histórico

O PP afirma que hai un problema estrutural no Concello de Lugo a conta...