InicioSociedadeEscrivá visita o edificio onde estará o primeiro centro de refuxiados de...

Escrivá visita o edificio onde estará o primeiro centro de refuxiados de Galicia, en Castro de Rei

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luís Escrivá, puxeron en valor a cooperación de ambas as administracións en proxectos como a creación do Centro de Acollida de Protección Internacional (CAPI) que se constuirá no antigo hospital de San Rafael, en Castro de Rei.

Así, nas últimas horas, ambos visitaron o edificio, onde estará o primeiro centro para refuxiados de Galicia, con capacidade para 250 persoas. Trátase dun inmoble de titularidade provincial, que a Deputación cede por 75 anos.

José Tomé destacou durante a visita o “alto valor social” do proxecto, no que o Ministerio investirá 12 millóns de euros; mentres que o ministro, José Luís Escrivá, agradeceu a colaboración da Deputación para abrir este CAPI, que se integrará na rede de centros novos en España, onde se están creando 5.700 prazas para ampliar e reforzar o modelo de acollida humanitaria e protección internacional.

No marco da visita institucional de Escrivá, o presidente da Deputación tamén o acompañou a visitar a leira de Tor en Monforte. Neste caso, ambas as institucións estudan posibilidades de colaboración futura para a recuperación deste patrimonio.

Finalmente, José Luís Escrivá estivo na sede da Deputación, onde asinou no Libro de Ouro da institución. José Tomé trasladou o seu desexo de que esta visita fose “a primeira de moitas” e expresou a súa vontade de “entendemento e colaboración” co Ministerio para sacar adiante proxectos “en beneficio de toda a sociedade”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...