InicioLugo e contornaLugoLugo seguirá coa derruba do Garañón despois de desestimarse a paralización que...

Lugo seguirá coa derruba do Garañón despois de desestimarse a paralización que pedía o Banco Santander

"Seguimos co noso camiño paralelo con eses procesos xudiciais alleos ao Concello pero nos que loxicamente nos vemos implicados", explicou en declaracións aos medios Méndez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, confirmou que o Concello continuará coa derriba do Garañón, tras coñecer que o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 rexeitou a solicitude de paralización cautelar presentada polo Banco Santander, como acredor principal da empresa que levantou as dúas torres.

Neste contexto, a rexedora confirmou que, independentemente dos recursos que presente a entidade financeira, o goberno local seguirá coa súa “folla de ruta” que mantén “desde 2017”, cando decidiu “non seguir co proceso xudicial” e “asumir a derriba” do proxecto situado xunto ao Parque Rosalía de Castro.

Son procesos complexos, evidentemente, pero están a chegar ao seu fin. Seguimos co noso camiño paralelo con eses procesos xudiciais alleos ao Concello pero nos que loxicamente nos vemos implicados”, explicou en declaracións aos medios Méndez.

E é que a xunta de goberno local de Lugo adxudicaba a finais de decembro o proceso de derriba do Garañón por máis de medio millón de euros, co obxectivo de que nun prazo de seis meses estea xa demolido para poder instalar alí unha zona verde. Con todo, o proxecto está pendente aínda de recibir o visto e prace da Xunta.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...