InicioSociedadeA Deputación de Lugo construirá unha residencia de maiores en Portomarín cun...

A Deputación de Lugo construirá unha residencia de maiores en Portomarín cun investimento de 1,8 millóns

Tomé destacou o compromiso do seu goberno coa rede de centros de maiores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo e o Concello de Portomarín construirán unha residencia de maiores neste municipio que suporá un investimento total de 1,8 millóns de euros.

Este xoves, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, asinou o convenio de colaboración co alcalde de Portomarín, Pablo Rivas, polo que ambas as administracións se comprometen a impulsar este proxecto.

Así, do total do investimento, 1,6 millóns de euros serán achegados pola administración provincial, mentres que os 200.000 euros restantes procederán das arcas municipais.

Tras a firma do acordo, Tomé destacou o compromiso do seu goberno coa rede de centros de maiores. “Neste mandato conseguimos abrir seis residencias de maiores. Por tanto, co tres que había xa en marcha, hoxe temos unha rede de nove centros de atención a maiores noutros tantos concellos da nosa provincia”, subliñou o presidente.

Neste sentido, agradeceu a implicación do Concello de Portomarín e o seu alcalde que, segundo Tome, permitiu “pasar de vivendas tuteladas a unha residencia con practicamente un coidador por residente, que faverce o arraigamento das persoas maiores e crea actividade económica e emprego”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...