InicioSociedadeA plataforma feminista de Lugo convoca unha manifestación ás 20:00 este xoves...

A plataforma feminista de Lugo convoca unha manifestación ás 20:00 este xoves contra a sentenza do caso Baleira

A portavoz da plataforma, Ana Torrón, animou a toda "a cidadanía" de Lugo a "manifestarse para esixir que haxa cambios dunha vez no sistema xudicial".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma Feminista de Lugo convocou unha manifestación para este xoves, a partir das 20,00 horas, ante a Audiencia Provincial de Lugo tras a sentenza de abusos sexuais en Baleira no que recolle o pacto alcanzado pola Fiscalía e os condenados por abusos sexuais continuados a unha menor cando tiña entre 7 e 13 anos.

O fallo xudicial transcendeu en días pasados e este luns deuse a coñecer, despois de que a Audiencia Provincial de Lugo asinase a sentenza. Nela, recóllese a redución de condena a tres anos de cárcere polo pacto entre o Ministerio Público e os acusados e alégase “dilacións” non imputables aos procesados, así como resarcimiento á vítima, por pagarlle 50.000 euros de indemnización.

O tres detidos son a irmá maior da vítima, que conseguiu convencer á irmá das relacións sexuais cando tiña 7 ou 8 anos co irmán do seu marido, é dicir, o irmán do cuñado da vítima. Tamén violou á menor o seu propio cuñado (marido da irmá da vítima), que a deixou embarazada (xa estivo embarazada por primeira vez con 11 anos) dun bebé ao que deu a luz con 13 anos e que tivo que dar en adopción.

A portavoz da plataforma, Ana Torrón, animou a toda “a cidadanía” de Lugo a “manifestarse para esixir que haxa cambios dunha vez no sistema xudicial”. “Non pode ser que os axentes xudiciais, avogados ou xuíces non teñan unha formación específica en materia de xénero”, protestou.

A activista lucense invocou a necesidade de que a xustiza “teña máis sensibilidade, que haxa medios para que poidan facer as cousas como hai que facelas neste tipo de situacións”. Segundo consta no fallo xudicial, a irmá da vítima “insistiu ata chegar a convencela” de que tivese relacións co seu cuñado.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...