InicioSociedadeMedia Lugo está baixo a neve

Media Lugo está baixo a neve

A montaña de Lugo e Ourense é a que acumula máis neve, aínda que tamén hai noutras zonas de interior: a cidade da muralla amence cos tellados brancos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A masa de aire frío (ártico marítimo) permanecerá sobre Galicia durante unhas 24 horas máis, o que propiciará que sigan os chuvascos de neve en cotas de entre 400 e 600 metros, aínda que estas irán subindo ao longo da xornada. Isto está a propiciar que boa parte da provincia, mesmo a capital, amencera cuberta de neve.

Diso informou o servizo de Meteogalicia, que traslada que o ceo estará parcialmente cuberto e haberá tamén chuvascos localmente fortes que poderían chegar acompañados de sarabia.

As temperaturas seguirán en descenso, máis acusado o día; e o vento soprará forte do noroeste no litoral e zonas de montaña, frouxo no interior pola mañá e aumentando a moderado pola tarde. O litoral galego segue en alerta laranxa, con ondas por encima dos 6 metros e vento forte do noroeste.

ZONAS NEVADAS

O descenso das temperaturas e a masa de aire frío xa deixou imaxes de neve nas últimas horas, sobre todo nas zonas de montaña de Lugo e Ourense. Aínda que tamén houbo acumulacións en zonas do interior do país, e a cidade de Lugo, por exemplo, espertouse cos tellados brancos.

DEPUTACIÓN DE LUGO

A Deputación de Lugo apuntou que manteñen cortadas as vías provinciais en varios puntos afectados polas inundacións nos concellos de Outeiro de Rei, Xermade, Cospeito, Castro de Rei e Begonte.

Nesta liña, mantense limitado o tráfico en ña LU-P-5004, en Quiroga, que sufriu un desprendemento da ladeira da montaña. Unha vez librada, levará a cabo unha avaliación técnica e económica dos danos.

Deste xeito, a Deputación indicou que se atopan traballando nas estradas 74 persoas. Así, contan cun total de 24 máquinas quitaneves, 11 ‘pick upcon’ saleiro, oito vehículos todoterreo de apoio e un medio mecanizado para mover as árbores derrubadas polo temporal.

MELLORA A SITUACIÓN NA ESTRADA

Así mesmo, a situación das estradas mellorou con respecto a esta mesma mañá. Segundo informou a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) son catro os puntos da comunidade nos que se mantén o nivel amarelo, o que impide a circulación de camións e vehículos articulados.

Deste xeito, a A-6 atópase nesta situación entre os quilómetros 430 e 455, á altura de Becerreá, e entre os puntos 432 e 438 en Pedrafita do Cebreiro.

Tamén na provincia de Lugo está prohibido o paso de camións e articulados na LU-633, entre os quilómetros uno e 29. Mentres, en Ourense a estrada afectada por estas restricións é a N-25, á altura de Riós, entre os kilmetros 115

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Accidente en Guitiriz con tres vehículos implicados e un ferido

Varios vehículos víronse implicados este venres, pouco antes do seis da madrugada, nun accidente...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...