InicioSociedadeActo informativo sobre o novo sistema de cotización para autónomos

Acto informativo sobre o novo sistema de cotización para autónomos

Está organizado pola Dirección Provincial da TGSS e terá lugar o 28 de decembro ás 19:00 h. no Auditorio da Deputación Provincial de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tras a aprobación do Real Decreto Lei 13/2022, a partir do 1 de xaneiro de 2023 entrará en vigor o novo sistema de cotización para traballadores autónomos.

Ante as dúbidas que pode xerar entre este colectivo a Dirección Provincial da TGSS –Tesourería Xeral da Seguridade Social– de Lugo organiza un acto de acceso público que terá lugar este 28 de decembro no Salón de Actos da Deputación Provincial en Lugo (R. San Marcos s/n).

Aqueles/as que non poidan asistir presencialmente teñen a posibilidade de facer un seguimento en streaming a través de youtube.

O NOVO SISTEMA DE COTIZACIÓN PARA AUTÓNOMOS

O Real Decreto Lei 13/2022 crea, a partir do 1 de xaneiro de 2023, un novo sistema de cotización para os traballadores autónomos. Esta norma dá resposta ás recomendacións 4 e 5 do Pacto de Toledo que instan o Goberno a que, no marco do diálogo social, acorde para os autónomos un sistema de cotización baseado en ingresos reais avanzando cara á converxencia de réximes, igualando o nivel de protección e contribucións de todos os traballadores.

O novo modelo de cotización, que se implantará de maneira gradual nos próximos 9 anos, baséase na cotización polos rendementos netos reais obtidos polo autónomo. O traballador autónomo, en función da súa previsión de rendementos, deberá seleccionar, de entre 15 tramos, a base de cotización provisional sobre a que se calcularán as cotas para ingresar mes a mes.

A existencia de diferentes tramos permitirá ao autónomo adaptar a súa cotización provisional á evolución dos rendementos obtidos polas súas actividades. Posteriormente, a Tesourería Xeral da Seguridade Social regularizará anualmente a cotización previa información por parte da Administración Tributaria dos rendementos netos computables.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...