InicioSociedadeTransportistas avisan que seguirán pasando por Pedrafita aínda que neve, pese ao...

Transportistas avisan que seguirán pasando por Pedrafita aínda que neve, pese ao desvío pola N-120

A asociación lucense do transporte Aetram critica que "serían 70 quilómetros pola 120, que para nós é un camiño de cabras".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da asociación lucense do transporte Aetram, Diego Arias, avisou este venres de que os transportitas seguirán pasando por Pedrafita do Cebreiro, pese ao desvío pola Nacional 120 que pretende habilitar o Goberno central para cando neve, tras o colapso do viaduto do Castro na A-6.

Diego Arias afeou que sigan “sen ter noticias da administración”. “Porque nós non estamos dispostos a dar a volta pola Nacional 120, e seguimos sen ter noticias por parte do Goberno central de cal vai ser a solución”, esgrimiu.

Se seguirán pasando por Pedrafita, rexeitando a outra opción tras a derruba do viaduto do Castro na A-6, porque, ao seu xuízo, “é unha perda de diñeiro máis grande”.

Serían 70 quilómetros pola 120, que para nós é un camiño de cabras. Esa estrada está moi mal. Por aí non podemos ir porque sería un consumo, a maiores, de combustible de cen a 150 euros por viaxe, ademais dunha hora ou unha hora e media máis de tempo perdido”, indicou.

Arias anunciou que seguirán “presionando” ao Goberno, dado que, reiterou: “Non nos podemos permitir ir pola Nacional 120”.

Outro aspecto no que incidiu é a “espera” que teñen agora os transportistas para comprar un camión, de ata un ano e o encarecemento de 15.000 euros que lles supón agora adquirir un vehículo. Diego Arias constatou que na provincia de Lugo operan “sobre 1.000 empresas do transporte”, que sumarían “máis de 3.000 camións”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...