InicioA UlloaMonterrosoA Feira de Todos os Santos de Monterroso xuntou 850 postos nunha...

A Feira de Todos os Santos de Monterroso xuntou 850 postos nunha nova edición

Tras dous anos marcados pola pandemia do covid, estímase que a afluencia a esta nova edición do mercado supere as 20.000 persoas, segundo estimacións da Xunta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Feira de Todos os Santos de Monterroso cumpriu unha nova edición, con 850 postos de venda con produtos agrícolas e de horta, gandeiros e elaborados.

Á mesma, acudiron, entre outros representantes políticos, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen se achegou a algúns dos postos, situados desde o luns.

Fíxoo acompañada polo delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias. Na súa visita, a conselleira incidiu na importancia deste evento para o municipio, ao tratarse dun escaparate para pór en valor a produción de proximidade.

Tras dous anos marcados pola pandemia do covid, estímase que a afluencia a esta nova edición do mercado supere as 20.000 persoas, segundo estimacións da Xunta.

Ata esta localidade se desprazaron tamén a deputada do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil, e o tenente alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, que coincidiron en resaltar que se trata dunha das citas máis importantes do rural galego.

+ posts

ÚLTIMAS

Seguridade e apoio ás familias, prioridades do Goberno local de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou este luns a aposta do Goberno municipal...

Muras convida a observar a eclipse total de Sol desde o Alto da Curuxeira

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este tarde na presentación da...

Controlado o incendio nun restaurante de Lugo, que obrigou a desaloxar varias terrazas

Os bombeiros de Lugo traballan na extinción dun incendio que se orixinou nun restaurante...

Meteogalicia sinala moi “baixa probabilidade” de nubes o día da eclipse

A maioría dos concellos galegos nos que a eclipse solar deste mércores sexa total...