As obras do túnel de Oural reciben un investimento superior aos 50 millóns de euros

Segundo detallan, a construción do túnel de Oural ten unha dobre finalidade: mellorar o estado da infraestrutura e aumentar a fiabilidade das liñas e a calidade do servizo.

Túnel de Oural, na provincia de Lugo.. ADIF

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, supervisaron as obras de construción do novo túnel de Oural.

Cun orzamento de adxudicación superior aos 50,7 millóns de euros, o proxecto forma parte, tal e como lembran nun comunicado, dun conxunto de actuacións que impulsa o Goberno de España para que Lugo se incorpore á Alta Velocidade coa modernización e a mellora da liña ferroviaria Lugo-Monforte-Ourense.

Estas actuacións, apunta Tomé Roca, “concentran o maior investimento que está a facer o Executivo central en Galicia en materia de infraestruturas, e permitirán chegar a Madrid no mesmo tempo que A Coruña e que Vigo“.

Segundo detallan, a construción do túnel de Oural ten unha dobre finalidade: mellorar o estado da infraestrutura e aumentar a fiabilidade das liñas e a calidade do servizo. As obras comezaron en novembro do ano pasado e, segundo as previsións, estarán finalizadas en 2023.

Na visita tamén participaron o Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; o presidente de Ineco, Sergio Vázquez Torrón, e outros responsables e traballadores da entidade, de Adif e da empresa Ferrovial, adxudicataria dos traballos.

“Contar cun tren competitivo fará á provincia máis accesible e competitiva, e por tanto, con maior capacidade de desenvolvemento social e económico”, asegurou José Tomé.