InicioTerra CháAbadínUn veciño de Abadín ponse en folga de fame ante o Concello...

Un veciño de Abadín ponse en folga de fame ante o Concello para reclamar unha traída de auga

Denuncia que leva once anos sen subministro por un problema de competencias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño da parroquia de Vilarente, en Abadín, comezou unha folga de fame como protesta pola falta de auga que levan sufrindo no seu fogar desde fai once anos. José Bonal manifestouse este martes polas rúas do municipio lucense portando un cartel no que levaba escrito ‘AUGA’, esixindo ao alcalde que “se lle asegure a subministración deste ben básico na súa vivenda”.

José Bonal optou por iniciar a folga de fame tras tentar encadearse ás portas do Concello. A Garda Civi acudiu á Casa consistorial para informarlle da “ilegalidade” do encadeamento, ao que o afectado respondeu: “Non pasa nada, non me encadeo, pero vou quedar aquí sen durmir, sen comer, ata que se solucione”.

Ademais, este lucense sente que nin el nin a súa familia contan co apoio que merece a situación. “Non sinto apoiado por ninguén. Nin polos meus veciños nin polas institucións”, lamenta. De feito, á manifestación, celebrada onte no concello de Abadín, tan só acudiu el.

Os socialistas do concello fixéronse eco da protesta desta familia e piden respecto e comprensión ante “unha situación moi difícil”, ante a que acusan ao PP de “inacción e desinterese ante os problemas veciñais”.

Esta protesta chega despois de “once anos reclamando pola vía administrativa e pondo denuncias”, declara a esposa do manifestante, Gemma Sánchez. A traída máis próxima non inclúe a parte do barrio de Cabanela, na que se sitúa a súa vivenda. Hai máis casas afectadas, pero moitas delas teñen pozo propio e non sofren a mesma escaseza de auga.

TRAIDA ILEGAL

O matrimonio asegura que cando empezaron “a reclamar descubriuse que a traída era ilegal, porque non está rexistrada en ningún lado”, e mesmo chegaron a recibir unha multa de 500 euros da Confederación Hidrográfica Miño-Sil por facer uso dela.

No seu defensa, o acalde de Abadín, o popular José Manuel Fernández Rancaño, alega que “a traída é de titularidade veciñal, non municipal, está nuns terreos que son privados e por tanto o Concello non pode actuar”. O problema, segundo o rexedor, é que “non se renovou o rexistro da traída cando debía facerse e, por tanto, pasou a ser competencia da Confederación Hidrográfica”.

Aclara que hai un mes o executivo local solicitou o traspaso da titularidade para poder actuar, pero “ata que se resolva non podemos facer nada”.

ÚLTIMAS

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...

Un operativo contra os locais de lecer nocturno en Lugo remata cun detido e 39 identificados

Un home foi detido por un suposto delito de atentado contra un axente da...

CC.OO. esixe a dimisión da edila de Persoal do Concello de Lugo

Comisións Obreiras (CC.OO.) esixiu a dimisión inmediata da concelleira de Persoal do Concello de...