InicioAncaresCae o tramo do viaduto do Castro tras algo máis de 48...

Cae o tramo do viaduto do Castro tras algo máis de 48 horas de traballos para desmontalo

O desmonte deste van, contiguo aos dous que colapsaron en xuño, era unha condición previa para arrincar os traballos para reconstruír a vía

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ao mediodía deste venres caeu finalmente o van do viaduto do Castro, na A-6, que quedaba en pé tras o derrube sufrido no mes de xuño, despois de algo máis de 48 horas de traballos para desmontalo.

En concreto, os técnicos do Ministerio de Transportes e operarios traballaban na zona, en Pedrafita do Cebreiro (Lugo), desde primeira hora do mércores e calcularan que o tramo podería vir abaixo nuns dous días, como así ocorreu.

O desmonte deste van, contiguo aos dous que colapsaron en xuño, era unha condición previa para arrincar os traballos para reconstruír a vía, que conecta Galicia coa meseta.

De forma alternativa, e para evitar que todo o tráfico da A-6 nesta zona pase polo núcleo de Pedrafita, estableceuse xa un desvío provisional, co que se acurtou o percorrido en 6,6 quilómetros, o ministerio continúa traballando para que un novo desvío estea operativo no outono e permita axilizar máis o tránsito co paso de vehículos especiais.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...