InicioSociedadeO alcalde de Palas pídelle aos incendiarios que "paren un pouco a...

O alcalde de Palas pídelle aos incendiarios que “paren un pouco a súa actividade”

Di que as chuvias das últimas horas aliviaron un pouco a situación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, pediu aos incendiarios que “paren un pouco a súa actividade” tras o incendio “provocado” na parroquia de Ramil, que arrasou “unhas 400 hectáreas”.

Taboada constata que a choiva da mañá deste martes aliviou un pouco a situación, sobre todo en Cambre e Cabanas que tamén padeceron as consecuencias deste lume. “O incendio está máis ou menos controlado, pero estamos moi vixiantes porque temos medo que poida rebrotar”, sinalou.

As chamas estiveron “moi preto das casas”, tanto é así que na tarde do luns “rebrotou nun punto e quedaron a menos de cen metros dunha vivenda”. “Estaban os equipos de emerxencia e coa axuda dos veciños conseguiuse parar. Agora eu creo que non hai perigo para as casas, ademais temos un dispositivo preparado por se hai que evacuar a algún núcleo de poboación”, remarcou.

Pablo Taboada insistiu no afirmado na última semana de que que ten “clarísimo” que o incendio foi “provocado, dado que non é normal varios focos ao mesmo tempo“. “Aquí xa chove sobre mollado porque esta é unha zona que adoita arder. Non é normal que de corenta parroquias que temos só ardan dúas e as outras non”, lamentou. O alcalde de Palas recoñeceu que a tarde e noite do luns foi “amolada”.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...