InicioSociedadeO IES Sanxillao de Lugo implantará o ciclo de Guía, Información e...

O IES Sanxillao de Lugo implantará o ciclo de Guía, Información e Asistencia Turística

Galicia conta con sete centros integrados e nove institutos que imparten ciclos formativos desta rama

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno galego reforzará o próximo curso as áreas de hostalaría e turismo no ámbito da FP para dar resposta á alta demanda de profesionais nestas áreas.

En concreto, implantarase o ciclo de Guía, Información e Asistencia Turística no IES Sanxillao de Lugo, e o novo ciclo de Formación Profesional básica de Cociña e Restauración en Sanxenxo. O titular do Goberno galego destacou que esta última é “unha iniciativa moi demandada, tendo en conta que se trata dun dos concellos con máis afluencia turística de Galicia e de España”.

Alfonso Rueda fixo estas declaracións este martes no transcurso dunha visita ao Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Carlos Oroza de Pontevedra, onde estivo acompañado polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e por responsables dos centros de Formación Profesional da familia de hostalaría e turismo de toda Galicia.

Na súa intervención, Rueda reiterou que Galicia está a vivir un ano marca no que a ocupación turística se refire, coa chegada no que vai de ano de 131.000 peregrinos e máis dun millón de viaxeiros no primeiro cuadrimestre. “Galicia está de moda”, dixo. Unha das claves deste éxito é o “modelo de calidade” que ofrece Galicia, no que “unha parte moi importante” se debe “ao bo facer dos traballadores do sector turístico”.

Neste sentido, o presidente subliñou a aposta da Xunta “por unha formación do persoal que aspira á excelencia”, de aí a recente creación dun grao universitario de innovación gastronómica e xestión hoteleira e tamén o reforzo da Formación Profesional, que está a vivir en Galicia “unha revolución silenciosa” e que conta cun alto grao de inserción laboral que, no caso da FP Dual, chega ao 90%.

Galicia conta con sete centros integrados de FP e nove institutos que imparten ciclos formativos da rama de hostalaría e turismo, con 3.190 alumnos no presente curso.

ÚLTIMAS

Miguel Fernández estrutura o seu goberno tras a incorporación da edil María Reigosa

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asinou este martes o decreto de reorganización do...

Luz verde ambiental da Xunta ao proxecto para a construción de 1.200 vivendas no barrio Sacro Corazón

A Xunta informou este martes de que deu "luz verde ambiental" ao Proxecto de...

O BNG urxe ao Goberno a cumprir o pactado e crear xa o xulgado de violencia de xénero en Lugo: “As demoras son inxustificadas”

O Bloque Nacionalista Galego instou ao Goberno do Estado a "acelerar" os trámites necesarios...

Expulsan a tres alumnos dun colexio de Lugo por un novo caso de acoso escolar

Un centro escolar de Lugo expulsou a tres alumnos tras detectar un posible caso...