InicioSociedade"Éxito" da 21 edición do Arde Lucus con cifras "marca"

“Éxito” da 21 edición do Arde Lucus con cifras “marca”

A rexedora lucense celebrou que se trata dun "punto de inflexión para conseguir a declaración de Festa de Interese Internacional".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A 21 edición do Arde Lucus, a festa de recreación do pasado romano e castrexo da cidade de Lugo, pechouse con cifras “marca” en canto á participación e o impacto económico para a cidade de Lugo. Así o coincidiron en sinalar a alcaldesa, Lara Méndez; o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, e o presidente de Lugo Monumental, Luís Latorre.

Lara Méndez cualificou esta edición de “éxito rotundo, cunha participación intensa de toda a cidadanía”. “Sobre todo da xente que nos visitou de España, doutros países de diferente procedencia, de Sudamérica, de Norteamérica ou de Europa“, destacou.

A rexedora lucense celebrou que se trata dun “punto de inflexión para conseguir a declaración de Festa de Interese Internacional“. “Tamén teño que destacar o comportamento da cidadanía, foi unha festa con moita alegría, con moita participación e un comportamento exemplar”, apuntou.

Ademais, cualificou con “outro dez” a “inxección económica que representa para a cidade, sobre todo para a hostalaría e o comercio”. “Ademais quero recoñecer o gran traballo das 19 asociacións de recreación histórica e non quero esquecerme do que foi o desfile dos colexios, que demostra a longa vida do Arde Lucus”, enxalzou.

Pola súa banda, o presidente dos hostaleiros galegos e de Lugo, Cheché Real, tamén fixo un balance “altamente positivo, coa consolidación absoluta postcovid do Arde Lucus”. “A presenza na rúa foi masiva e apoteósica”, sinalou.

En canto a ocupación hoteleira, sitúaa “entre o 95 e o cento por cento, en función de si o aloxamento era no centro ou estaba máis afastado, mesmo nalgún concello limítrofe”. Desde a asociación Lugo Monumental, o seu presidente, Luís Latorre, coincide en que foi “unha edición inmellorable”. “Notábase que a xente tiña ganas de volver á normalidade”, dixo.

“Queremos felicitar ás asociacións do Arde Lucus que traballaron como nunca, á hostalaría que tamén traballou como nunca”, sinalou. “Foi un éxito rotundo. Foi un traballo en equipo fantástico e as 19 asociacións dérono todo, a hostalaría deuno e todo o mundo traballou en equipo para que saíse adiante”, concluíu.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...