InicioSucesosDerrúbase parte dun viaduto en obras na A-6 entre León e Pedrafita

Derrúbase parte dun viaduto en obras na A-6 entre León e Pedrafita

Non houbo que lamentar desgrazas persoais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un tramo dun cincuenta metros da ponte do Castro, entre a localidade leonesa do Castro e o municipio de Pedrafita do Cebreiro, derrubouse esta mañá, sen que houbese que lamentar desgrazas persoais.

O desprendemento afectou un tramo duns 50 metros entre dous alicerces do referido viaduto que desde hai case un ano está a ser obxecto de traballos de reparación, aínda que o outro viaduto provisto de dous carrís en dirección Madrid continúa aberto ao tráfico.

A alcaldesa de Vega de Valcarce (León), á que pertence O Castro, María Luisa González, en declaracións a Europa Press, felicitouse de que o accidente se saldase sen feridos e lembrou que “xa se sabía, polos técnicos, que os traballos de reparación neste viaduto non ían resultar fáciles, como así acabou hoxe a historia, debido á súa grave deterioración xa que soporta moita circulación”.

Ante o ocorrido, a rexedora confesa un certo temor. “Home, méteseche o medo no corpo, pero supoño que cando reparen a ponte quedará todo en perfectas condicións”, apuntou María Luisa González, quen confía en que unha vez concluídas as obras mellorará de forma notable a comunicación na zona, onde un dos viadutos permanece agora aberto e con respecto ao sinistrado o tráfico do Castro derívase pola antiga N-6.

Queremos que os traballos terminen canto antes porque As Lamas e O Castro non poden acceder pola N-6 cara a Pedrafita, antes si que o facían e agora teñen que baixar á Portela. Pero o que nos interesa é que os viadutos queden en perfectas condicións”, salientou a alcaldesa.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...