InicioSociedadeAs Anpas de Lugo denuncian o abandono do rural e reclaman á...

As Anpas de Lugo denuncian o abandono do rural e reclaman á Xunta un “plan educativo especial”

Denuncian os "moitos problemas" que se atopan cos nenos escolarizados no rural, pero sobre todo na montaña de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As Anpas de Lugo, agrupadas na Federación de Anpas de Centros Públicos da provincia de Lugo (Fapacel), reclaman á Xunta un “plan educativo especial” para o rural. Unha petición que trasladou a presidenta de Fapacel, Isabel Calvete, ante os “moitos problemas” que se atopan cos nenos escolarizados no rural, pero sobre todo na montaña de Lugo.

Calvete pon o exemplo de dous centros, o IES de Becerreá e o colexio de Cervantes, neste último caso polo “agrupamento” da educación infantil ante a falta de profesores. “É un ataque máis ao ensino no rural. Estamos fartos que se trate así a este alumnado”, sinalou.

En Becerreá precisou que “non” teñen “optativas porque non temos alumnos, e no IES” deste municipio “tendo a unha profesora coa praza definitiva de francés como non hai o alumnado que esixe educación non se dá”. “Tendo alumnado menos do que se esixe, pero tendo profesora con horas libres e praza definitiva de francés non se dá esta materia, que é optativa”, lamentou.

E non só concierne a Becerreá, senón que “afecta a outros concellos da montaña que teñen como referencia ese instituto como son Navia, Cervantes, Pedrafita, Baralla e As Nogais”.

En relación a Cervantes, Isabel Calvete, sinalou que “ao non haber alumnado suficiente para infantil se han concentrados as clases, ao non contarse con especialista precisamente en educación infantil”. “Temos dous profesores de primaria, un deles fíxose cos nenos de infantil máis primeiro e segundo de primaria, e outra profesora fíxose co resto do alumnado”, certificou.

ACLARACIÓN

Na mesma liña critica, a presidenta de Fapacel lembrou que este ano lles informaron de que “unha profesora pide o traslado” e non teñen “profesores de infantil”, insiste nas súas protestas.

Dinnos que quedamos con dous profesores para nove cursos e agora dixeron que se cadra nin iso, polo que pedimos unha aclaración (á Xunta) por escrito”, puntualizou Calvete.

A presidenta de Fapacel confesou finalmente que os pais “están fartos da situación, porque o alumnado do rural ten que ter as mesmas oportunidades que o resto do alumnado galego”.

ÚLTIMAS

Javier Ferreiro, polbeiro: “Trouxemos 20 toneladas de polbo para o San Froilán, case nada que picar”

Do 5 ao 12 de setembro Lugo convértese no lugar de Galicia idóneo para comer, compartir...

Tarxerta verde da UNESCO para o Xeoparque Montañas do Courel

O Xeoparque Montañas do Courel que comprende os concellos de Ribas de Sil, Quiroga e...

O goberno de Lugo celebra o aval xudicial á demolición do Garañón

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, celebrou este mércores que as tres sentenzas que...

Lugo aproba inicialmente o novo plan de emerxencias municipal

O Executivo local aprobou inicialmente o novo plan de emerxencias municipal, un documento aberto...