InicioSociedadeUn local enfróntase a unha multa de 30.000 euros por un spectáculo...

Un local enfróntase a unha multa de 30.000 euros por un spectáculo erótico sen autorización

A Policía Local soubo del polas redes sociais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo propuxo para sanción ao responsable dun establecemento de lecer nocturno por organizar e celebrar un espectáculo erótico sen autorización, entre outras irregularidades.

Segundo informaron fontes municipais, os axentes tiveron coñecemento do ocorrido a través das redes sociais e localizouse o establecemento, na rúa Galicia. Unha vez visionados os vídeos colgados en redes sociais, unha dotación policial realizou unha inspección do local.

Así, a Policía identificou o responsable e abriu expediente sancionador por infracción grave da Lei de Emprendemento e da Competitividade económica de Galicia, por realizar un espectáculo sen autorización (proponse sanción de ata 30.050,61 euros e pode levar aparellada a suspensión de actividade por un ano).

Tamén se tramitou denuncia por infracción da Lei de Saúde de Galicia, por incumprir a obriga do uso de máscaras no interior do local, xa que a Policía comprobou que os camareiros e varios clientes non a usaban; así, como por outra infracción ao permitir o uso de cachimbas no establecemento.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...