InicioSociedadeMáis de 7.000 lucenses padecen psoriase

Máis de 7.000 lucenses padecen psoriase

No 75% dos casos, esta enfermidade comeza antes dos 40 anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A psoriase afecta aproximadamente a 2,3 millóns de persoas en España. Esta enfermidade debuta antes dos 40 anos no 75% dos casos e presenta un amplo abanico de manifestacións clínicas máis aló das coñecidas placas da pel, segundo púxose de manifesto durante o “Foro Autonómico de Psoriase”, celebrado en Galicia.

En Galicia, estímase que máis de 62.000 galegos padecen psoriase, dos cales ao redor de 14.000 padecen artrites psoriásica, a patoloxía asociada con maior incidencia desta enfermidade.

Por áreas sanitarias, a extrapolación de pacientes con psoriase en Galicia é a seguinte: Área de Lugo, A Mariña e Monforte 7.200 pacientes; Ferrol 4.000, A Coruña-Cee 12.950, Santiago-Barbanza 10.680, Pontevedra-Salnés 6.680, Ourense-Verín-Valdeorras 6.820, e Vigo 13.550.

En opinión do doutor Hugo Vázquez Veiga, xefe do servizo de Dermatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), “a psoriase é unha patoloxía crónica que se asocia con diversas morbilidades que teñen relevantes implicacións na vida dos pacientes como son as enfermidades cardiovasculares, renais, síndrome metabólico ou trastornos psiquiátricos”.

Estas morbilidades son debidas a diversas causas, “comezando polo proceso inflamatorio crónico da pel, os tratamentos clásicos da psoriase ou á propia visibilidade da enfermidade a ollos do paciente e do resto de individuos da sociedade”, asegura o experto.

Entre as morbilidades máis frecuentes está a artrite psoriásica. “É unha enfermidade das articulacións que se presenta en aproximadamente entre un 10% e un 30% dos pacientes con psoriase e que pode ter un gran impacto na calidade de vida do paciente e no desenvolvemento da súa vida laboral e social”, asegura o doutor Javier de Toro Santos, xefe de servizo de Reumatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC).

As causas que producen a artrite psoriásica non se coñecen con exactitude. “Si se sabe que ata un 30% ou 40% dos pacientes con artrite psoriásica teñen algún familiar con psoriase ou con artrite, o que suxire que a herdanza desempeña un papel importante“, asegura o doutor De Toro Santos.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...