InicioSociedadeLugo reivindica o uso das linguas clásicas a través do teatro

Lugo reivindica o uso das linguas clásicas a través do teatro

Para esta campaña contan coa presenza de xente anónima que narra a utilidade do coñecemento do latín ou do grego no seu día a día.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos inicia este martes 8 de marzo a Mostra de Teatro Clásico de Lugo, que se celebra dende o ano 2001 na cidade da muralla. Desta volta as representacións teatrais virán da man da reivindicación, pois na primeira xornada lerase un manifesto a favor do mundo clásico, co que se dará inicio a unha serie de mobilizacións polas redes sociais, coas que se pretende chegar a toda a sociedade, para facer ver a omnipresenza do latín, do grego e da cultura clásica en xeral.

“O nome da campaña, SOS Clásicas, deixa en evidenza a situación na que se atopa
actualmente a ensinanza das mal chamadas linguas mortas na educación secundaria”, explican dende a sociedade.

Cada vez son máis os centros escolares nos que se prescinde destas materias por seren consideradas “pouco útiles”, algo que, aos ollos destes apaixonados profesores e profesoras é un grave erro, pois acaba por derivar no descoñecemento do mundo que nos rodea”, denuncian.

O coñecemento clásico está presente no dereito, na bioloxía, na medicina, na arte e en tódolos eidos da vida, algo que se verá a través de varios vídeos e outros contidos que
se irán expoñendo a través das redes sociais durante as vindeiras semanas.

Para a campaña contan coa presenza de xente anónima que narra a utilidade do
coñecemento do latín ou do grego no seu día a día e na súa profesión. Tamén se suman a esta varias personalidades do mundo da cultura que queren poñer o seu gran de area nesta reivindicación.

Xornalistas, avogados, escritores, biólogos, médicos ou músicos narran en primeira persoa como os mitos, a etimoloxía ou os latinismos forman parte do seu día a día e serían moito máis complicados de entender se non tivesen cursado aqueles materias hoxe consideradas “pouco útiles”.

A demanda de fondo, por parte do profesorado, é a de conseguir a revalorización e o
respecto que o mundo clásico merece. E queren lembrarnos que, nestes tempos de incertidume que nos tocaron, o que nos mantén vivo o corpo seguramente sexa a ciencia,
pero as humanidades son as que nos manteñen viva a alma.

PRESENTACIÓN

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a XXII edición da Mostra de Teatro Clásico, que este ano aumenta a súa programación ata chegar ás 12 obras que encherán o Auditorio Municipal Gustavo Freire de cultura de calidade durante o mes de marzo.

“Quixemos facer unha programación extensa, de calidade e para todos os públicos”, explicou Maite Ferreiro, que engadiu “continuamos a concentrar a mostra no mes de marzo, facilitando a afluencia do público e a difusión da programación de Teatro Clásico”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...