InicioSociedadeMáis de 2.000 estudantes de secundaria visitarán o Campus de Lugo os...

Máis de 2.000 estudantes de secundaria visitarán o Campus de Lugo os días 23 e 24 deste mes

En total, a USC conta con 2.064 estudantes inscritos na iniciativa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" e proceden de 43 centros de ensino medio de toda Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os “Encontros na zona USC” congregan a máis de 2.000 estudantes de secundaria que visitan o Campus de Compostela para coñecer de primeira man aulas, laboratorios e bibliotecas da Universidade.

Esta iniciativa do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USCpretende achegar a oferta de grao ao alumnado de ensino. Con esta vontade, móstranselles as instalacións coas que se van atopar cando inicien a súa formación universitaria, ademais de orientar a elección dos seus futuros estudos.

Os “Encontros na Zona USC” vivirán unha segunda xornada o venres 4 de marzo e chegarán ao Campus de Lugo os días 23 e 24 deste mes de marzo.

O itinerario atópase estruturado en trece percorridos. O grupo que se deu cita na residencia universitaria Burgo das Nacións, puido acceder aos itinerarios de Filoloxía e Ciencias da Comunicación, Ciencias Económicas e Empresariais, Ciencias da Educación e Traballo Social, Odontoloxía e Enfermaria e Xeografía e Historia e Filosofía.

Doutra banda, o grupo que partiu de Monte da Condesa puido gozar dos percorridos de Dereito, Relacións Laborais e Ciencias Políticas e Sociais, Química e Enxeñaría Química, Bioloxía e Farmacia, Enxeñaría Informática/Intelixencia Artificial e Matemáticas, Física e Matemáticas, Física e Química, Óptica e Optometría e Farmacia, así como Psicoloxía e Ciencias da Educación.

Xa en quenda de tarde o alumnado participante pode visitar as residencias universitarias Burgo das Nacións e Monte da Condesa, así como o Centro Superior de Hostalaría de Galicia.

Nestas visitas, ademais do profesorado responsable dos centros, participa o alumnado titor dos distintos centros universitarios, encargado de dirixir os mozos e mozas polo campus e comentarlles as súas vivencias na USC.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Asinado o convenio entre Deputación e concellos para asumir os custos das residencias provinciais

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinou este venres cos alcaldes un...

Preocupación do SLG polas dúas plantas de biogás previstas en Abadín

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) mostrou a súa inquietude ante o proxecto de...

CC.OO. acusa ao Goberno de Lugo de exercer un “feminismo de pancarta”

A Unión Comarcal de CC.OO. de Lugo acusou este venres ao goberno local de...