InicioTerra CháXermadeO cura de Momán chama "terroristas" aos bispos españois polos abusos a...

O cura de Momán chama “terroristas” aos bispos españois polos abusos a menores

Acusa a parte da cúpula eclesiástica de "permitir" os abusos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O cura de Momán, no municipio de Xermade, Luís Rodríguez Patiño, ratificouse en considerar “terroristas” á cúpula dos bispos españois por desentenderse dos casos de pederastia ou, mesmo “permitilos”. “Nunca obraron ben. Eu levo denunciando, desde hai moito tempo, que a Igrexa ten que ser transparente. Aínda que a Igrexa é o pobo, aquí falamos máis que nada de xerarquía eclesiástica e non só a española, senón a de todo o mundo”, manifestou este párroco lucense.

Respecto diso dos casos de abusos a menores, lembrou que el mesmo volveu levantar ” a alfombra no 2013 e no 2018″. “Volvín chamar claramente terroristas aos Bispos polo terror, polo que estaban a permitir, e por ese terror a toda esa xente (abusada), aos seus pais e a toda a sociedade”, relatou. “O silencio dos bispos, eran cómplices e colaboradores deses sacerdotes pederastas. Nós debemos seguir o Evanxeo, e é moi claro por canto proclama que o que faga dano a un neno máis lle valería colgarse de pedra ao pescozo e tirarse ao pozo”, manifestou de forma tallante. O cura de Momán, ao ser interpelado se mantén que os bispos españois uns terroristas, ratificouse nas súas palabras, afirmando que “si”, son “terroristas”.

CRITICA A COMPOSICIÓN DE CÚPULAS

Ao fío diso, lamentou como se chega á cúpula eclesiástica. “Está cuberta como o poder xudicial e sinto que fira corazóns, pero podemos dicir que o Opus Dei e a Conferencia episcopal está a ser amarrada por unha serie de personaxes, que eu serei peor que eles ou o que ti queiras…, pero vexo bispos que foron nomeados a dedo, sen conciencia, sen mirar a súa maneira de pensar e levar a mensaxe evanxélico”, obxectou Patiño.

Así, subliñou que “Igrexa é unha palabra grega que significa reunión, aqueles que se reuniron en nome de Deus e de Jesús”. “Houbo uns cuantos que se toman o seu poder dentro da Igrexa non como servizo, senón como xerarquía e aquí mando eu e interpreto o Evanxeo segundo interésame”, afeou, finalmente. Á marxe disto, tamén criticou á curia polas inmatriculacións, xa que só se recoñecen pouco menos de mil.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

PSOE e PP enfróntanse en Lugo polo mitin de Besteiro: acusacións de “sectarismo” e “manipulación”

A campaña electoral das eleccións xerais do 29 de novembro chega á súa recta...

Lugo recuperará unha aula infantil pechada desde a pandemia para acabar coa lista de agarda: 12 novas prazas en 2027

A conciliación familiar continúa sendo unha das principais preocupacións para os fogares con nenos...

Lugo activa o plan contra as nevaradas: 42 camións e 9.250 toneladas de sal para manter abertas as estradas

A chegada do inverno volve poñer o foco nun dos principais desafíos para a...

Detido tras agredir a unha auxiliar de enfermaría no hospital de Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo un home por agredir unha auxiliar de enfermaría...