InicioSociedadeA provincia de Lugo ten máis de 7.500 contaxiados de covid, aínda...

A provincia de Lugo ten máis de 7.500 contaxiados de covid, aínda que baixa a presión hospitaliaria

Descenden a 53 os ingresados noutras unidades, nove menos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 seguen en descenso en Galicia, cuns 4.700 que supoñen 200 menos que no inicio desta semana, aínda que os casos activos deste coronavirus ascenden a 73.688 –algo máis dun milleiro que a xornada anterior. Os pacientes hospitalizados por este coronavirus tamén baixan ata o 602 –oito menos– e a taxa de positividade cae a un 16% no conxunto de Galicia. Unha situación que tamén se alivia na provincia de Lugo.

Segundo os datos actualizados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do luns, descenden a 53 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –una menos– e a 549 as hospitalizadas noutras unidades –sete menos–, mentres que 73.086 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en catro das sete: A Coruña-Cee, Ourense, Lugo e Ferrol; mentres que aumenta nas outras tres: Vigo, Santiago-Barbanza e Pontevedra-O Salnés. En concreto, na Lugo, aínda que seguen seis pacientes Covid en UCI, descenden a 53 os ingresados noutras unidades –nove menos–

CASOS

Os casos activos volven aumentar e sitúanse en 73.688 en Galicia, que supoñen 1.115 máis que a xornada anterior ao haber máis novos contaxios (4.716) que altas (3.593), ao que se suman varios falecementos. O martes da semana pasada –11 de xaneiro– había 71.504 infeccións.

Por áreas sanitarias, os casos activos descenden en todas as áreas sanitarias, agás a de Ferrol (-133), mentres que aumentan nas outras seis, coa de Lugo con 118 novos contaxios. Deste xeito,  os contaxiados ascenden a 7.557.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...