InicioSociedadeAumentan os delitos informáticos na provincia de Lugo: catro nesta semana

Aumentan os delitos informáticos na provincia de Lugo: catro nesta semana

A Policía detivo a catro persoas nesta semana por diferentes delitos de estafa e descubrimento e revelación de segredos a través de Internet.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Catro persoas foron detidas por estafas informáticas na provincia de Lugo durante a última semana, segundo informou este xoves a Policía Nacional. En concreto, aos catro arrestados impútanselles diferentes delitos de estafa e descubrimento e reveleación de segredos cometidos a través de Internet.

O primeiro detido é un cidadán natural de Castela A Mancha que supostamente estafou a un veciño de Lugo con capacidades limitadas durante a transacción dun coche vendido “por un prezo moi inferior ao de mercado“.

Segundo o relato policial, o imputado pagou 2.000 euros polo turismo cando o seu valor de mercado é duns 12.000. Tras ser localizado, as dilixencias contra o home, que conta con antecedentes policiais, foron trasladadas ás forzas da orde da súa localidade de residencia.

Ademais, a Policía detivo a outras dúas persoas, un home menor de idade e a súa parella, por varias estafas cometidas a través de portais de venda de Internet. Os arrestados venderon dous teléfonos de alta gama que resultaron ser falsificacións, para o que empregaron documentación falsificada dunha tenda física e un teléfono real como reclamo.

O último dos detidos é un mozo de 23 anos residente en Lugo acusado de revelar imaxes íntimas da súa expareja a través de Whatsapp. O arrestado enviou este material a varios coñecidos da vítima despois de terminar a súa relación.

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga unha lucense por defraudar 17.800 euros en axudas da PAC

A Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Lugo, de...

José Tomé avisa tras deixar a Presidencia da Deputación: “Non pararei ata descubrir que hai detrás de todo”

José Tomé oficializou este martes a súa renuncia á presidencia da Deputación de Lugo...

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...

Lugo anuncia a nova licitación do bus urbano e a creación dun Consorcio do Centro Histórico

O Concello de Lugo celebrou este luns o pleno sobre o estado da cidade,...