InicioSociedadeA Deputación de Lugo impulsa a substitución xeracional entre as redeiras

A Deputación de Lugo impulsa a substitución xeracional entre as redeiras

A institución provincial e a UNED organizan un curso sobre a xestión de Reservas da Biosfera

PUBLICADA O

- Advertisement -

Deputación de Lugo continuará prestando o seu apoio ao colectivo profesional das redeiras, coas que contribuirá con 39.000 euros para favorecer a substitución xeracional no sector. Este martes, o presidente da institución provincial, José Tomé, asinou a renovación do convenio coa Unión de Traballadores Autónomos do Transporte, Mar e Comunicación de Galicia.

Con este acordo, o goberno lugués dá continuidade a un proxecto creado hai tres anos e que busca favorecer a integración das mulleres no mercado de traballo.

“O obxectivo é formar ás mulleres que queiran desenvolver a súa carreira profesional no sector do mar facendo o traballo de redeiras e, ademais, darlles as claves para que poidan exercer este traballo por conta propia”, explicou Tomé.

Aa Deputación achega 39.000 euros para financiar a realización destes cursos, orientados fundamentalmente a mulleres desempregadas ou en situación de precariedade na zona da Mariña luguesa.

En anteriores edicións, a totalidade das participates no curso superaron as probas que se realizan en Galicia para o exercicio da profesión de redeira.

CURSO NA UNED

Por outra banda, a Deputación de Lugo e a Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) organizan un curso grautito sobre a xestión das Reservas da Biosfera.

A actividade formativa, composta de dez horas lectivas, encádrase no 50 aniversario do programa MaB e outorga ao alumnado 0,5 créditos ECTS.

ÚLTIMAS

O alcalde de Lugo pide unha reunión urxente a Rueda para desbloquear o Museo da Romanización

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, solicitou unha reunión urxente co presidente da Xunta,...

Un proxecto de larvas de mosca para usos agrarios e animais, novo proxecto industrial estratéxico en Palas de Rei

O Goberno galego analizou este luns o acordo polo que se declara proxecto industrial...

Buscan un menor migrante desaparecido do centro de acollida de O Malvarón en Monforte de Lemos

Desde este domingo, as forzas de seguridade buscan a un mozo migrante menor de...

Collen a varios vehículos a máis de 200km/h tras participar en carreiras ilegais na A-6 en Outeiro de Rei

A Garda Civil culminou un dispositivo especial de vixilancia imputando en calidade de investigados...