InicioSociedadeRexeitamento á "agresión" a unha moza transexual en Lugo e piden apoio...

Rexeitamento á “agresión” a unha moza transexual en Lugo e piden apoio ao colectivo

No acto denunciouse a "pasividade" das institucións e de parte da cidadanía ante este tipo de agresións, e pediuse apoio ao colectivo nun contexto de "aumento dos discursos de odio cara ao colectivo LGTBI".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Máis dun centenar de persoas mostraron este venres a súa repulsa tras a agresión sufrida por unha muller transexual que supostamente foi arroxada desde a Muralla de Lugo na madrugada do pasado domingo por un home con antecedentes previos.

Na protesta, convocada por colectivos como a Asociación de Familias de Menores Transexuais (Arelas) e a Asociación pola Liberdade Afectivo-Sexual (ALAS), Avante e Amizando, leuse un manifesto a través do que se alertou dun “aumento” da violencia LGTBIfóbica e mostraron a súa repulsa á “violencia” sufrida pola moza de 23 anos, á que trasladaron a súa forza e agarimo.

No acto ao que acudiron representantes do PP, do PSOE, do BNG e Esquerda Unida, ademais, tomaron a palabra a activista Xacia Ceive e a presidenta de Arelas, Cristina Palacios, quen afeou ao Concello de Lugo que non dispoña dun protocolo de axuda ao colectivo.

Ademais, no acto denunciouse a “pasividade” das institucións e de parte da cidadanía ante este tipo de agresións, e pediuse apoio ao colectivo nun contexto de “aumento dos discursos de odio cara ao colectivo LGTBI”.

E é que, tal e como sinalou en declaracións a Europa Press o presidente en Lugo de ALAS, Marcos Fernández Trigo, o colectivo atravesa “un momento delicado” no que os protagonistas destes discursos de “medo e odio” cara ao colectivo pretenden arrebatarlles “os avances conseguidos durante décadas”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...