InicioLugo e contornaLugoO Camiño de Santiago conta con case 300 puntos de información en...

O Camiño de Santiago conta con case 300 puntos de información en Lugo da campaña #NoCaminasSola

A subdelegada do Goberno destacou que "o Goberno puxo en pé esta campaña dentro das políticas de igualdade e contra a violencia de xénero e como apoio á seguridade das mulleres que fan o Camiño".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou este xoves de que 296 puntos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo contan con recursos para previr calquera tipo de violencia contralas peregrinas a través da campaña #NoCaminasSola.

Segundo explicou a Subdelegación nun comunicado, trátase dunha iniciativa impulsada polas unidades contra a Violencia de Xénero das comunidades autónomas polas que pasa o Camiño de Santiago para “reforzar a protección das peregrinas”.

Isabel Rodríguez presentou a campaña na provincia nun acto que tivo lugar esta mañá no cuartel da Garda Civil de Castroverde. Xunto a Rodríguez, participaron o alcalde de Castroverde, José María Arias; o presidente do Colexio oficial de Farmacéuticos da provincia, Alejandro Sánchez; o coronel jefede a Comandancia da Garda Civil, Miguel Anxo González Arias; e a xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno, María Luisa Castro.

A subdelegada destacou que “o Goberno puxo en pé esta campaña dentro das políticas de igualdade e contra a violencia de xénero e como apoio á seguridade das mulleres que fan o Camiño“.

Neste sentido, Rodríguez lembrou que no que vai de ano, foron asasinadas 35 mulleres en España, unha delas en Galicia, “e hai outros 2 casos que están a ser investigados”, “o que demostra que a violencia de xénero é un problema social da máxima gravidade sobre o que non caben frivolidades”.

A subdelegada xustificou a campaña co “aumento significativo” das mulleres que fan o Camiño –un 8% nos últimos anos–. “Actualmente, máis do 50% das persoas que fan o Camiño son mulleres”, sinalou.

A campaña trata de “facilitar o acceso a todos os recursos e sensibilizar, previr e denunciar as violencias sobre as mulleres”. Para iso, segundo explicou a Subdelegación, hase elaboradomaterial específico, que foi distribuído nos principais puntos de referencia para as peregrinas.

Na provincia de Lugo distribúense 300 carteis e 5.965 cartóns en 145 albergues públicos e privados, 117 oficinas de farmacia, 21 postos da Garda Civil, 2 comisarías da Policía Nacional e 11 comisarías das policías locais en 31 concellos polos que pasan os camiños Francés, Primitivo, do Norte e de Inverno.

Coa posta en marcha da campaña, ademais de todo o material mencionado, destaca a aplicación AlertCops, para comunicar en tempo real calquera alerta con envío de localización. Un código QR as enlazara cunha web de recursos do Executivo a través da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero, do Ministerio de Igualdade.

ÚLTIMAS

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...