InicioSociedade4.580 nenos e nenas de entre 12 e 13 anos chamados a...

4.580 nenos e nenas de entre 12 e 13 anos chamados a vacinarse a partir deste luns na provincia

A Xunta quere que estan vacinados antes do comezo do curso escolar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia vacinará aos nenos de entre 12 e 13 anos, con doses de Moderna, este luns 23 de agosto, tal e como ha informou o pasado venres o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Na provincia de Lugo foron chamados 4.580 nenos de entre 12 e 13 anos.

Este avance no proceso débese á chegada dunha partida de vacinas de Moderna, confirmada na mañá do venres e que permitiu a citación durante a tarde dese mesmo día dos menores que cumprisen os 12 anos. Este matiz, como o propio conselleiro apuntou, é “importante”, posto que as vacinas non están autorizadas para nenos menores desa idade.

A inoculación das doses a este grupo realizarase o luns para conseguir que o período de cadencia entre dose, neste caso de catro semanas para Moderna, termine xusto antes de empezar o curso escolar.

Comesaña indicou ademais que Sanidade creará un sistema de captación para que todos aqueles nenos que “vaian cumprindo 12 anos” entren nas listas de vacinación. As citacións realizáronse por SMS ao móbil que os mozos teñan asociado ao seu cartón sanitario.

Outro punto importante do anuncio é a obrigatoriedade por parte dos menores -tamén para os da franxa de 14 a 16, cuxa vacinación xa estaba planificada– de presentar un documento de conformidade asinado polos pais ou titores legais no lugar no que lles corresponda vacinarse.

VACINADOS ANTES DO INICIO DO CURSO

Desta forma, a planificación de vacinación para a próxima semana, tal e como sinalou Comesaña, ocuparase o luns na inoculación de dose a menores de entre 12 e 13 anos, con Moderna, e mércores e xoves, a mozos de entre 14 e 16 anos, con Pfizer. Ademais, ao longo desta semana tamén está previsto administrar segundas doses aos mozos de entre 20 e 29 anos.

Tal e como sinalou Comesaña, o proceso planificouse desta forma para que, “na semana do 13 ao 19 de setembro -data de inicio do curso escolar–, todos os mozos teñan a pauta completa”. “Esta é a forma de garantir un inicio de curso aínda máis seguro”, destacou Comesaña.

PLAN DE VACINACIÓN

Este luns serán chamados menores de 12 e 13 anos de toda Galicia aos puntos de vacinación masiva, onde se lles administrará a primeira dose de Moderna.

En Lugo, citaron a un total de 4.580 nenos de entre 12 e 13 anos, dos que 3.150 foron chamados ao momento de vacinación do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), 940 no punto do Hospital da Mariña e 490 no punto de vacinación de Monforte de Lemos.

A área pontevedresa convocou, no recinto feiral de Pontevedra, a 4.582 mozos de entre 12 e 16 anos para primeiras doses e, no recinto feiral FEXDEGA Vilagarcía de Arousa, a outros 1.300 menores, tamén para primeiras picadas.

ÚLTIMAS

Descubertos varios sitios arqueolóxicos nos Ancares

O Colectivo Patrimonio dos Ancares comunicoulle á Xunta de Galicia a localización de varios...

Ecoloxistas en Acción denuncia que a planta de Altri en Palas consumirá o total da auga da provincia de Lugo nun día

Ecoloxistas en Acción reclama á Xunta que denegue á compañía portuguesa Altri a solicitude de captación...

A Deputación de Lugo culpa á Xunta de “incumprir” o proceso de estabilización e esixe o fin da “temporalidade”

O pleno da Deputación Provincial de Lugo aprobou este martes unha moción do Grupo Provincial Socialista...

Adega denuncia que a captación de auga para Altri provocará “problemas de abastecemento”

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) censura a solicitude de captación...