InicioSociedadeOito traballadores contaxiados por COVID na delegación da Xunta en Lugo

Oito traballadores contaxiados por COVID na delegación da Xunta en Lugo

O Sergas ten previsto realizar un cribado entre todos os traballadores da planta baixa do edificio debido a que "comparten zonas comúns".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A delegación territorial da Xunta en Lugo rexistrou un brote por COVID que afecta, polo momento, a oito traballadores da planta baixa das dependencias da Administración autonómica na Cidade das Murallas.

Segundo fontes da delegación, a orixe do brote está no contaxio dun empregado da Consellería de Política Social, departamento que suma outros seis empregados con covid-19. O outro caso é dunha persoa do persoal da Amtega.

Así, o Sergas ten previsto realizar un cribado entre todos os traballadores da planta baixa do edificio debido a que “comparten zonas comúns”. Está previsto que as probas se realizasen ao longo deste martes.

Máis información en Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...