InicioSociedadeAdeus, eucaliptos: os primeiros pasos para crear o Parque Central de Galicia...

Adeus, eucaliptos: os primeiros pasos para crear o Parque Central de Galicia en Antas de Ulla

A Deputación de Lugo iniciou este luns os traballos no centro xeográfico galego.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo iniciou este luns os traballos de construción do Parque Central de Galicia, en Antas de Ulla, cumprindo así o compromiso do presidente da institución, José Tomé Roca, de “pór en valor o centro xeográfico de Galicia”. Esta primeira fase consiste na talla de eucaliptos no lugar onde se situará o futuro parque infantil e na plantación de especies autóctonas, como carballos e castiñeiros.

“Queremos proxectar a riqueza natural, a flora e as árbores do lugar e, ao mesmo tempo, promocionar a zona como reclamo turístico neste espectacular proxecto”, explicou José Tomei. O espazo natural está formado por unha masa arbórea autóctona de carballos, bidueiros e árbores autóctonas, que se van a conservar, dado o seu importante valor ambiental.

Á súa vez, tamén se inician as tarefas de silvicultura, que van consistir na entresaca de árbores débiles e na poda das árbores que van permanecer, co obxectivo de que se conformen as copas e permitan a entrada de luz e un mellor desenvolvemento da vida natural das especies.

Así mesmo, tamén comezaron as actuacións de laboreo, que consisten na preparación da terra para preparar os lugares nos que se construirá o edificio multiusos e a praza. Faranse tamén viarios de acceso e secundarios para desprazarse ao longo do parque.

Seguidamente, acometeranse os labores de fresado para triturar e mesturar en profundidade os restos de maleza, raíces que afloren, restos de poda e, sobre todo, da grosa capa de folla acumulada para poder sementar o céspede.

UN “PROXECTO DE PROVINCIA”

O presidente provincial explicou que este é “un proxecto de provincia” no que “se vai a pór en valor un recurso natural moi importante como este, que vai ser un revulsivo para a economía de Antas e de toda a comarca da Ulloa pola súa capacidade de atracción turística, o que supón tamén unha aposta clara polo reequilibrio territorial.

O Parque Central de Galicia contará cunha extensión de máis de 45.000 metros cadrados. A zona de acceso contará cun pórtico de entrada visible desde a estrada provincial LU-0301, en Vagas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...