InicioSociedadeA Deputación prevé abrir a residencia de maiores de Meira a finais...

A Deputación prevé abrir a residencia de maiores de Meira a finais de verán

O ente provincial e o Concello asinaron o convenio, un dos últimos trámites administrativos para proceder á apertura

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo e o Concello de Meira selaron un convenio, “como base xurídica”, para a apertura do centro de maiores e residencia, cuxa posta en marcha se prevé para finais de verán.

Tras a xunta de goberno, o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, realizou este anuncio e aproveitou para destacar que “se dá un paso máis de cara a proceder á apertura” destas instalacións “coa aprobación do convenio específico”.

“É un dos últimos trámites administrativos para poder proceder á súa apertura definitiva e traballamos no horizonte, como manifestou o presidente, de tratar de facer a apertura cara a finais do verán, ou cando menos proceder a realizar os preingresos”, puntualizou. Rivera asegurou que “se segue unha folla de ruta moi clara”, de forma que se pon o acento en que “a política social é un dos alicerces desta casa”.

“Con este convenio establécese a prioridade do acceso a estas prazas para os veciños de Meira, trátase dun convenio interadministrativo entre o municipio e a Deputación, e para os veciños de zonas limítrofes no marco desa comarca”, precisou.

Dito convenio contempla que “a Deputación se compromete a efectuar o financiamento previsto e a actuar como órgano de contratación e impulsar un equipo técnico especializado nos servizos sociais” para esta nova residencia.

O deputado de Promoción Económica deixou claro que este convenio vén ser “o último paso” pendente para a apertura da residencia de Meira. Este centro de maiores contará con 30 prazas residenciais, ademais de 20 para o centro de día.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...