InicioSociedadeReservar o sitio e esperar no coche: a vía do banco de...

Reservar o sitio e esperar no coche: a vía do banco de alimentos de Lugo para evitar aglomeracións

A demanda deste servizo sitúase nun 30% máis ca antes da pandemia, pero chegou a ser dun 80% superior.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Banco de Alimentos de Lugo busca vías para evitar aglomeracións e incidir na prevención fronte á pandemia. Entre elas optou por recomendar ás persoas que acoden en coche a que reserven sitio -xa sexa con bolsas ou carriños- e esperen no vehículo ata que sexa a súa quenda.

Así o explicou a Europa Press a responsable da entidade, Amadora Núñez, quen trasladou que o obxectivo é evitar colas. A quen se desprazan en autobús ata a entidade, engadiu que tamén se lles solicita que, na medida do posible, se repartan en quendas.

A responsable do banco de alimentos esgrimiu que este tipo de pasos que, segundo puido saber Europa Press, tamén se seguen noutras entidades similares da Comunidade, danse para garantir ao máximo as medidas de seguridade. “E no noso caso ningún voluntario sufriu o virus”, remarcou.

En canto á demanda, destacou que “desde que se empezaron a cobrar os ERTE” percíbese “unha estabilización”. “Agora podemos estar cunha demanda superior nun 30% a antes da pandemia, pero chegamos a estar un 80% por encima“, dixo.  Finalmente, destacou que hai “moita implicación” cidadá e por parte das empresas, o que facilita proporcionar a cobertura necesaria.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...